Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Aquí non temos deserto

sábado, 30 de mayo de 2020
Martes, 19 de marzo. Catro e vinte da tarde. O sol, fóra, debe quentar de raio. Aquí, dentro, a música acompaña ós dedos a levar o ritmo sobre o teclado dun ordenador. Sempre haberá momentos nos que a inventiva non ten razón de ser e a realidade amósase con catro estrofas dunha canción ou cunha aixada ó lombo; todo hai que dicilo. “Amarte a ti é un erro, Pingas de Orballo: Aquí non temos desertodi un amigo”, o que di tamén unha canción. A ver se ó amigo lle interesas realmente e ten celos. Un erro, un erro; o que quere é que a deixas para quedarse con ela. Chámalle parvo ó paisano. Catro e media da tarde. Quero subir ó campanario da igrexa para repicar as campás o día do patrón e que o seu son percorra os camiños da contorna. Quero deixarme oír. Despois cada quen que xulgue o que prediquei. E eu non son dos que predico no deserto. En principio, porque aquí non temos deserto. Por aquí só hai toxos e xestas, piornos e silvas. Xa predicarei un kireleisón e un kristieleisón por todos los paspáns que andan por aí soltos. E andan uns cantos, ou moitos. Quero reter catro latexos incluso ata que me rebenten o peito. Porque hai latexos que van moito máis alá dun sentimento. Cinco menos vinte e cinco da tarde. O sol segue no seu máximo esplendor e os dedos bailan sobre o teclado ó ritmo de Elvis Presley. Que este non se andaba con lerias; facía mover a pelve ó ritmo do rock. Ás cinco menos vinte da tarde deixo que a imaxinación sente ante unha parede e soñe co ir e vir dunha rula por entre un monte de carqueixas. Hai rulas ben fermosas, oh.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES