Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Novos tempos

jueves, 28 de mayo de 2020
Ó longo da historia, a vida sempre presentou novos retos:
-Cando se descubriu o lume, sería todo un espectáculo
-Cando se descubriu a roda, debeu se unha gran novidade.
-Cando Johannes Gutenberg descubriu a imprenta, debeu ser algo incrible.
-Cando o físico italiano Alessandro Voltadescubriu a electricidade, moitas persoas non sairían do seu abraio.
-Cando o físico italiano Antonio Meucci descubriu o teléfono, soprendería a moitos.
-Cando o mexicano González Camarena descubriu a televisión, moitos non creerían que poideran verse imaxes de todo tipo desde adistancia.

NESTES MOMENTOS OS RETOS NON SON MENORES:

O último, que non o derradeiro, é a Internet descuberta xa hai sesenta anos por un de Massachusetts chamado John Licklider.

E xa a temos aquí:
No medio urbano e no rural tamén aínda que non en tan boas condicións.

E unha inmensa maioría de cidadáns de case todo o mundo, estámola usando cada día máis e mellor.

E ofrécenos moitas ventaxas, sempre e cando saibamos usala racionalmente, como todo na vida.

ESTASE IMPOÑENDO DE TAL XEITO QUE É UNHA FERRAMENTA DE USO COTIÁ PARA PERSOAS DE TÓDALAS IDADES.

Supón unha aprendizaxe.
Unha aprendizaxe bastante complicada a veces, sobre todo, para persoas de certa idade que xa levamosfeitos moitos cambios nas nosas vidas e parécenos que as nosas neuronas xa van indo algo cansadas.

PERO SE NON QUEREMOS QUEDARNOS NO FOXO DA VIDA, HAI QUE ACTUALIZARSE.

A infancia xa nace con esta ferramenta nas mans.
E gústalle pulsar tódolos botóns habidos e por haber e vai descubrindo a utilidade desta ferramenta.

No ensino desde Primaria ata a Universidade, está sendo unha ferramenta de moita actualidade, sobre todo, nestes momentos de confinamento.

Unha mágoa que algunas familias aínda non poidan facer uso dela.

E outra mágoa que aínda haxa moitos lugares que non teñen cobertura.

MOITAS PERSOAS TRABALLAN DESDE AS SÚAS CASAS, INCLUÍDOS OS GOBERNANTES E O MESMO PAPA DE ROMA.

A senectude é quen vai con máis retraso:
-Unha parte non pode.
-Outra non se decide.
-Outra delega na xente nova do seu entorno. (Grave erro)
-Outra ten dificultades para aprender.
-Outra…

Certo que a senectude non está en activo para a vida laboral nin para según que tipo de actividades; pero tamén debe poñerse ó tanto:
-Para buscar tanta información como necesite.
-Para conectarse con familiares e amigos.
-Para participar na vida en sociedade.
-Para face-las súas xentións coa Administración.
-Para sentirse ben consigo mesma e mellorar a súa autoestima.
-Para… o que precise e lle sexa de utilidade.

ESTA É A ERA DIXITAL.
Era dixital para todos.
Son os tempos que nos toca vivir.
Unha ferramenta de moita utilididade; pero no a única.
UN CONTACTO TELEMÁTICO NUNCA PODE SUSTITUIR Ó CONTACTO FÍSICO ENTRE AS PERSOAS.
Porque as persoas non somos robots.

“NON SOMOS ROBOTS”

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por tantos avances como deixa feito no campo da informática para o seu propio ben e o da sociedade.
E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES