Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Praias a tope

miércoles, 27 de mayo de 2020
Praias a tope Os sectores do negócio turístico apertan de feito abondo argumentando que unha inatividade demasiado longal na economía podería ter consecuencias moi negativas para o noso país cuxa indústria principal é o turismo. Din que o pasado ano visitáronnos uns 87 millóns de persoas e dar servizo a tanta xente supón manter ocupada, aínda que só sexa en tempada estacional, a moitas persoas. Vendemos sol e servizos e estos requiren coidados: a materia prima témola aí coa súa radiación que pon como camaróns a un número inxente de ingleses, alemáns, nórdicos e algún que outro español que se coa na estatística de insolacións e queimaduras. E é que se nos falla o turismo estamos perdidos, somos pouca cousa. Xa percorremos moito desde os primeiros bikinis daquelas suecas louras , do “turista un millón”, ata chegar aos case 87 millóns de agora.

Por iso o presidente do goberno saíu a tranquilizar ao persoal na comparecencia do sábado 23 dicindo que a partir do mes de xullo haberá liberdade de movemento por todas as Autonomías e que poderán vir a España turistas estranxeiros, iso si, mantendo as normas de seguridade sanitaria que se impoñerán e a saber cales serán. De momento se queremos nós ir a Inglaterra teremos que cumprir corentena. ¿Faremos o mesmo cos fillos da Gran Bretaña que nos visiten?

Mestres terá este asunto pero eu non estou tranquilo coa que se pode presentar e moito temo que as presións empresariais do sector turístico teñen moito que ver neste descenso precipitado sen ter moito en conta co que estamos a xogar: nin máis nin menos que coa saúde e a vida das persoas que, dito sexa de paso, se non teñen saúde non hai negocio. Tal e como se presenta a cousa parece que se mira antes pola caixa que pola xente que poida caer nun suposto e máis que probable repunte da enfermidade.

Doutra banda non se pode xeneralizar pero o comportamento de certos turistas maiormente ingleses nas nosas localidades costeiras e illas non se pode dicir que sexa exemplar. Se en condicións normais se portan como se portan ¿cabe esperar deles que se comporten coa suficiente prudencia na situación actual?

Pero ollo! Non son unicamente os que veñen de fóra a montala, non, aquí tamén non andamos escasos de irresponsables que se pasan polo forro calquera norma que non coincida coas súas espurias intencións. Non hai máis que ver como estaban algu
nhas praias na primeira fase do confinamento, cando entrabamos na fase 1.

Díxose por activa e por pasiva que non se podía un bañar nin tombarse a tomar o sol, que non se podía xogar e si pasear pero procurando manter a distancia ínterpersoal recomendada e…nin caso: abarrote total, grupos xogando ao balón, xente bañándose coma se non pasase nada e todos esquecéndose da distancia de seguridade. Vendo todo isto será un milagre que non veña un repunte, unha nova onda que os nosos sanitarios non poderían soportar. A algúns todo isto impórtalles un comino, coma se non fose con eles. Logo virán e protestarán pola volta atrás e manifestaranse ao berro de ¡liberdade! e moitos volverán, cargados de hipocrisía, a saír aos balcóns para aplaudir pero seguirán dando o seu apoio aos que cos seus recortes en sanidade puxeron paus na roda dos servizos mais esenciais.

Nunca cheguei a pensar que as terrazas dos bares e os espazos abertos como as praias puidesen chegar a ser tan peculiares no noso devir e comportamento social, pero éche o que hai.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES