Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Monumentos vexetais

viernes, 04 de abril de 2008
Habitualmente, tiñamos conciencia de que o catálogo dos monumentos dun país estaba formado por construccións pétreas relixiosas, militares ou civís, e así vivimos durante séculos.

Logo a relación aumentou cando se empeza a considerar monumental o conxunto da cultura dunha terra, especialmente en Galicia donde a tradición lendaria, a literatura popular, o corpus espiritual do noso pobo é unha riqueza colectiva que temos que valorar na xusta medida.

Un paso máis comezou a darse en 2006 cando se abreu o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras con 127 exemplares, no que veñen de incluirse catro exemplares máis. Galicia ten xa 131 monumentos vexetais e corenta agardando esa declaración. Árbores que están protexidas pola Lei, defendidas pola Administración, sendo os seus propietarios distinguidos con cadanseu diploma pero tamén os encargados de vixiar a conservación destes xigantes dos nosos campos.

Somos unha terra rica, culta, camiño de ser completa. Este das árbores monumentais é un bo paso para valorarnos conxuntamente na medida xusta e necesaria.

Falta por incluir determinadas paisaxes, as grandes pedras... tantas e tantas cousas que valorar e protexer que hai que recoñecer que este é o verdadeiro camiño, aínda que quede moito que andar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES