Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fase dúas

lunes, 25 de mayo de 2020
Fase das Fase dúas. Acabamos de entrar na fase dúas. Non sei, pero ó mellor cando cheguen os “encontros na terceira fase”, largo cos alieníxenas. Seguro que por aí arriba non anda o covid-19. Ou espero a que me veña recoller o meu alieníxena particular. De todas formas, non me queixo. Xa puiden saír. Fun a Maceda. En case 30 anos que botei alá de funcionario nunca estivera tanto tempo sen aparecer por alá; como moito o mes das vacacións anuais (e non sei, porque eu era dos que collía por quincenas). E agora máis de dous meses sen que o meu Pancracio cruzase o Polígono Barreiros, cruzase o Polígono de San Cibrao, correse pola estrada de Paderne de Allariz (ou de Piúca como lle chamamos os de Baños de Molgas), subise o porto de Piúca e entrase triunfal na vila macedá.

Fase dúas. Estamos na fase dúas. Enténdese que con máis liberdade e con máis opcións de realizar moitas daquelas cousas que botabamos de menos. Agora xa abrirá algún bar máis (ben viciosos debemos ser que toda España reclama o seu bar). A ver se é verdade, porque ata agora, a maioría das veces as poucas mesas que deixaban instalar nas terrazas estaban todas copadas. Ía buscar o pan cruzando media Valenzá e, ás veces, non había maneira de tomar o cafeciño. Canto estrañaba ese momento. Tómoo na casa, pero non é o mesmo. Que va!

Fase dúasAgora creo entender que xa as bibliotecas poden abrir para ler nelas ou consultar nelas, dentro dunhas certas medidas, iso si. E non se me negará que non é o mesmo pedir libros pola Internet que ir ó encontro deles para tocalos, lerlles a contraportada, ollalos, mesmo cheiralos e, como non, sentilos. Póñome nervioso só o imaxinar plantarme diante dos estantes das novidades, por exemplo, e buscar de aquí, de alá; mirar o autor, mirar incluso o título (un título ben posto é un tanto por cento moi alto de atracción, de gusto pola lectura dese libro).

Fase dúas. Acabamos de introducirnos na fase dúas. A ver se portándonos ben, e aquí en Galicia, esta fase se fai máis amena, por exemplo un pequeno permiso para poder cruzar as provincias, simplemente para ver o mar. A min chégame con ver o mar, escoitar o ruído do mar. Non quero praias.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES