Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A revista poética npgGaZeta abre as coolaboracións para o N°1

lunes, 25 de mayo de 2020
Despois do éxito do N°0 da revista, editado en dixital e en papel, e que tivo que ver paralizadas as presentacións físicas polo estado de alarma, a Nova Poesía Guitirica NPG aborda agora o N°1 nunha web (www.npggazeta.gal) renovada e con novas seccións. Si no número cero as colaboracións consistían nun poema inédito e outro de un/ha autor/a xa A revista poética npgGaZeta abre as coolaboracións para o N°1publicado superando os 60 poetas, neste número poderase participar enviando un poema inédito ao correo da NPG npggazeta@gmail.com acompañando o enlace ás redes sociais d@ autor/a ou foto retrato.

A npgGaZeta é unha revista aberta á participación co soporte das agrupacións poéticas de base que están a traballar no país de forma democrática, transparente e comunal tal e como recolle o documento de base.

A revista dixital incorpora unha nova sección de entrevistas que priorizará a poetas de agrupacións poéticas de base.

A revista está coordinada por Moncho Bouzas e conta con un consello de redacción no que participan poetas de diferentes agrupacións poéticas de base do país que xa teñen participado recentemente no festival on line #enredeversos con máis de 30.000 visualizacións.

A primeira colaboración será do poeta Miro Villar, un dos fundadores do desaparecido Batallón Literatio da Costa da Morte na páxina 6 da revista.

A web que soporta a revista mantén as seccións de Carvalho Calero e a de Estraperlo na que se aloxan publicacións poéticas dixitais de descarga gratuita en PDF.

No momento en que quede completado o N°1 contamos poder apresentalo físicamente (versión en papel) conxuntamente co N°0.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES