Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Día da Terra con poesía (V)

miércoles, 27 de mayo de 2020
Úlas armas de destrución masiva?

Así dicía a pintada que, tempo despois, apareceu na Maía.
Xa ninguén lembraba
que alguén dixera,
que foran motivo de guerra
de invasión,
de despropósito.

ÚLAS ARMAS DE DESTRUCIÓN MASIVA?
Non contestades: Bush, Blair, Aznar?
Grandes mentiras que se deixan pairando no ar,
sen desmentir.

Tempo despois…
En estado de alarma.
En tempos de confinamento
cos humanos pechados nas casa
baixaron os animais
a facerse cargo do mundo
a tomar o que sempre fora deles.

Unha manda de xabaríns paseando as rúas céntricas da cidade,
a marta matando as galiñas ao mediodía
os caracois facéndose donos das hortas urbanas
… pensaron que marcharan os humanos.

Era poético velos
ocupandoas urbes
de forma natural.

Temíamos as grandes armas
Que atacaban dende lonxe
ou tocándonos…
Matábannos: sangue que se verquía
A carreira armamentística
medrou
xa podíamos destruír o planeta
varias veces
moitas veces
moitas veces
e seguiamos creando armas, cada vez máis destrutivas…
Pero o perigo fíxose minúsculo micro micromicro
micromicromicro
micro
e chegou a nós.

Dixo o neno,
-o irmán do mozo que fixera a pintada-
Non podemos saír
Hai un bicho malo
un virus coroado
que nos busca;
se non ve a ninguén
vaise.
Temos que enganalo
agachándonos nas casas,
os coroados son parasitos
non hai un bo,
dixo Uxío,e eu créoo.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES