Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gañou Lorca (para sempre?)

miércoles, 27 de mayo de 2020
Hai escenas que te reconcilian coa vida remendando con fíos de xustiza os farrapos que vai deixando a historia. Isto é o que me pasou vendo o capítulo da semana pasada de "El ministerio del tiempo": unha serie que parte da idea de que, en España, hai un ministerio do tempo segredo e que ten como fin velar porque a historia non cambie. Os funcionarios deste ministerio reciben alertas de distintas épocas nas que o devir dos feitos poden mudar a historia. Ante estas alertas o ministerio actúa. Así, por exemplo, vemos como viaxan á época cervantina para solucionar un bloqueo creativo do autor que ameazaba con borrar a don Quijote da historia.

Esta semana decidiron xogar con Federico García Lorca e teño que dicir que me emocionou dun xeito particular. Na súa viaxe polo tempo, acompañado dun funcionario do ministerio, Lorca vai a un concerto de Camarón e recoñece, na voz do cantaor, os seus versos. Cun sorriso cheo de luz Federico di: "¡España me recuerda! Entonces, he ganado yo no ellos. Dejemos las cosas como están".

Nese intre desexei que existira o ministerio do tempo para que Lorca e tantos outros se resarciran para sempre. Eles cubriron de dignidade este país. Os que non renegan dos que nos roubaron a vida lúcida de Lorca, agora teiman en volver a camiños de exclusión que se tinguiron do sangue dos mellores irmáns…

A fórmula e moi simple: facer anormal o normalizado e naturalizado con tanto esforzo pola sociedade, lanzar sementes de odio e agardar a que medren e, como sempre, se transformen en esbirros que lles fagan o traballo sucio.

Gañou Lorca. Oxalá sexa para sempre.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES