O vello contrabando
Editorial - jueves, 03 de abril de 2008
O contrabando do tabaco ven de desaparecer. A desaparición oficial ven oficialmente proclamada pola Dirección General de Aduanas, que recoñece que no ano 2006 o tabaco consumido procedente do contrabando era o 0,7% do total, mentras que once anos antes era do 15,5%.
En Galicia esta porcentaxe é de arredor do 2%, co que prácticamente se da por eliminado, especialmente se temos en conta que aquel tabaco de batea, o que os expendedores sacaban do máis fondo de detrás das barras dos bares, en tempos causaba furor pola súa presunta calidade e o seu menor precio.
Moitos factores se xuntaron para producir esta situación, non sendo o menor o descenso do consumo, a menor actividade dos contrabandistas e o que algúns destes se pasaran a outros negocios máis lucrativos, máis perigosos e con moita máis grave incidencia no noso panorama social.
Para dar conta de que esto do tabaco de contrabando desaparece está tamén a solución do último sumario por esta falta ou delito, por un apresamento ocorrido en 1997, ó que agora se lle ven de dar carpetazo con incautamento de determinados bens e a correspondente multa.
O do contrabando de tabaco nunca callou na opinión
popular como delito grave, e a comprensión era moi grande, como era moi grande o número de consumidores que preferían fumar o producto destas entradas ilícitas nas que a principal damnificada era a Facenda española.
Desapareceu o tabaco, algúns ontrabandistas ascenderon a traballos máis perigosos... Pero incluso en Galicia a súa actividade parece menor por escoller vías máis doadas para eses productos asesinos que comercian coa vida e a morte.
Non é tempo de malos fumes. Os do tabaco, estanse controlando. E non só o contrabando. Os da droga, aínda non, e moito hai que facer.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora