Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ministerio televisivo

jueves, 21 de mayo de 2020
Á televisión ténselle chamado “caixa tonta”, xeneralizando o escaso nivel de contidos, con excepcións notables, de xeito que aínda con ducias de canles, os televidentes cun certo nivel de esixencia teñen dificultade para atopar algún programa que entreteña sin molestar sensibilidades.

Neste desconfinamiento no que imos recuperando habitos normais, os martes á noite suspendo calquera actividade para ver na 1 “El Ministerio del tiempo”, do mellor que teño visto na televisión, opinión na que parecen coincidir nos países aos que se exportou, éntreles China, aínda que pareza difícil que ali comprendan as sutilezas desta serie que rompe esquemas e barreiras, mesmo as do tempo.

Mesturando ciencia-ficción, historia e humor intelixente e provocador, velaqui un Ministerio especial que os gobernos españois terían no maior dos segretos, que corrixe as desviacións que se aprecien no decurso do tempo, para que a historia de España se manteña e non se altere a actualidade, a vida, deste país.

Cun especial despliegue de medios, ambientacións históricas admirables, magnífico reparto de actores, e unhas portas do tempo que permiten acceder no presente á nosa historia, este ministerio é unha intelixente toleada que provoca curiosidade, empatía e quen a contempla queda atrapado irremisiblemente.

Eu, que utilizo a tele como son de fondo para traballar, con atención puntual a temas moi especiais, teño dúas series de culto –“Estoy vivo” e “El Ministerio del tiempo”-, que pasarán á historia da TV, e polo tanto á nosa historia. Cando as vexo, coido que os que falan da “caixa tonta” deberían pensalo dúas veces.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES