Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reinventarémonos

jueves, 21 de mayo de 2020
Todos estamos moi consternados polas múltiples consecuencias que está deixando o Covid19.
Pero a historia das pandemias debe ser tan antiga como a historia da humanidade.

Desde que temos datos producíronse varias pandemias.
Algunhas moi duradeiras:
-A peste antonina que tivo lugar no século II durou 15 anos.
-A peste Cipriana que tivo lugar no século III durou 20 anos.
Afortunadamente as últimas vanse erradicando moito máis rápido grazas os avances da ciencia.

PERO PASE O QUE PASE, A VIDA SEGUE:
Quen se salve desta, terá (ou teremos) que facer fronte á situación:

Estamos asistindo a unha nova etapa porque nesta ocasión a nai terra dixo:
¡Basta!

-Teremos que plantexarnos a vida doutra maneira máis ecolóxica:
-Consumindo con moderación.
-Administrando racionalmente os recursos naturais.
-Deixando a un lado o materiralismo sen límite.
-Creando HUMANIDADE E SOLIDARIEDADE…
¡E farémolo, porque é posible!

De feito moitas familias xa o veñen facendo, principalmente as familias numerosas.
Familias que se veñen organizando maxistralmente, sencillamente USANDO O SENTIDO COMÚN.
Cando nos encontramos con este tipo de familias e observamos a súa boa educación, o voluntariosos que son e como evolucionan, preguntámonos:
¿Cómo o fan?

FANO CUNHA MENTALIDADE DIFERENTE Á MAIORÍA:
-Marcando unhas pautas de boa educación, desde o primeiro día,
-Repartindo responsabilidades e axudándose mutuamente.
-Aproveitando tódolos recursos materiais e humanos.
-Levando unha vida moi ordenada.
-E, sobre todo, eliminando superficialidades das que perfectamente se pode prescindir.

PARA SER FELICES NON FAI FALTA MOITO, BASTA CON ADMINISTRAR RECTAMENTE O QUE SE TÉN.

Desto ninguén nos falou até o de agora; pero chegou a hora de cambiar a un novo estilo de vida;
¿Que esto vai supoñer un cambio moi drástico nas nosas vidas?
Claro que si.
¡E moito!
Pero a necesidade obrigará.

E teremos que adaptarnos ás novas circunstancias:

-Teremos que eliminar gastos,
-Teremos que administrarnos mellor.
-Teremos que practica-la austeridade.
-Teremos….(Cadaquén según as súas circunstancias)

¡Farémolo!

NON HAI POUCO QUE NON BASTE NIN MOITO QUE NON SE GASTE.

Teremos que privarnos de moitos luxos.
¡Privarémonos!

Se unhas portas se nos cerran, BUSCAREMOS OUTRAS SAÍDAS.
¡Buscarémolas!

Estamos ante unha nova revolución na que todos nos veremos implicados: desde a infancia ata a senectude.

Pero enfrontarémonos con valor e carraxe ós novos tempos.

“NOVOS TEMPOS”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas pola súa capacidade para reinventarse e moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES