Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O Sombreiro da foto

viernes, 22 de mayo de 2020
A tarde estaba gris, aínda que uns raios de sol se filtraban de cando en vez por entre os nubrados pensamentos de Pancracio Grego Solís, o fillo do Correas e da Carantoña. A tarde estaba gris e na praza na que estaba sentado non había ninguén. A soidade era a dona e señora do lugar. O fillo da Carantoña optou por marchar á biblioteca para coller en préstamo algún libro e matar o tempo lendo e instruíndose, que boa falta lle facía. Logo de coller dous ou tres máis, parou nunha terraza a tomar un cafeciño. Mentres esperaba botoulle a típica ollada que se lles bota ós libros para ver como son, incluso como cheiran (non hai coma o cheiro dos libros!). Nun deles, zas, un foto que cae sobre a mesa e que lle fixo abrir un sorriso branco e inmaculado. Porque a tal foto amosaba a unha moza na praia ante unha peneda enorme e en bikini. A man esquerda da moza estaba sobre a cabeza semellando que se estaba a colocar o pelo ante un imaxinado aire que llo revolvería. A man dereita, ai a man dereita, esta suxeitaba un sombreiro á altura do peito, en clara sinal de que estaba a tapar o que non tapara o suxeitador do bikini, porque se notaba ás leguas que alí non existía tal prenda. Ó fillo do Correas non lle quedou outra que exclamar un “puto sombreiro!”. Despois, pouco a pouco, admirou á moza por todo o demais, deulle a volta á foto e por detrás viu un nome: Noreia. Nada máis. Pancracio Grego Solís volveu meter a foto dentro do libro. E fíxoo con cariño, incluso cunha melancolía que lle preñou os sentidos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania