Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Condenada lagarta!

jueves, 21 de mayo de 2020
Corro detrás dunha lagarta que vai por un camiño cheo de pedras e de caxatos que o desbordamento do río Arnoia deixou alá polo mes de novembro, de cando unha crecida asolagara toda a planicie á altura da Pitediña e a un quilómetro á redonda. A lagarta métese por entre as pedras e cando movo estas para vela ou intentar collela, ela fuxe coma quen leva o demo detrás. Cando chega ó cruce do camiño das Lagoas dubida por cal coller. Aí caio na conta de que, as lagartas, ó mellor, tamén teñen cerebro, ou sexa, entendemento. A súa dúbida foi moi curtiña porque eu xa estaba enriba dela. A proba está en que deixei caer a man dereita coma un lóstrego coa intención de collela, pero, a moi condenada, foi lista de carallo; colleu tal velocidade que case me fai afociñar. Empezaba a cansarme. Eu más ca ela. Porque, ela, seguía salvando as pedras e caxatos cunha lixeireza abraiante. Eu tropezaba de cando vez e cagábame na crecida do río e no lixo que deixaba. “Ó mellor se lle poño música, asenta”, pensei eu. E penseino por aquilo de que descubrira que tiña entendemento. Así é que lle puxen o tema “Ay, Carmela”, de Alejandro Massó, e a moi cabrona aínda correu máis. Para min que se asustou da temática da canción. É dicir, que si ten entendemento de carallo. Eu cada vez estaba máis canso. Cando chegamos á altura das Pedradarcas, a lagarta meteuse por entre unha matogueira e alí xa a dei por imposible. A moi condenada ganárame a partida. Marchei para a casa coa cabeza gacha. Condenada lagarta!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania