Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O Balcón da Esperanza

martes, 19 de mayo de 2020
Pingas de Orballo: O Balcn da Esperanza Rómpese o silencio ante unha conversa íntima e chea de referencias fotográficas. O tempo non axuda para saír e as mensaxes circulan nas ás dunha rula que vai e van polos camiños da memoria e dos pensamentos. Hai pensamentos que non se ven, pero están aí, séntense, preséntense. O silencio quere pousar ante a melancolía dunha imaxe. Mais non asenta, ergue e viaxa para o balcón da esperanza. Polo camiño os latexos golpean con forza a placa torácica dunha sensación, a de saber que a felicidade é deitarse nunha nube branca de algodón. O balcón da esperanza asoma e, agora si, agora todo queda en silencio. E a razón vai moito máis alá dos soños. Porque a realidade asoma toda gloriosa e memorable, toda ilustre e garbosa. O balcón da esperanza é, agora, o niño no que se acubillan os sentimentos. O tempo ameaza chuvia, pero pola nube branca de algodón asoma un raio de sol ou un raio de luz ou un raio de esperanza. Senta o criterio dunha ilusión ante dous piornos verdes para que o balcón, o balcón da esperanza quede máis arriba dun raciocinio platónico e sentimental. Volve rachar o silencio porque hai versos que hai que cantalos e estrofas que hai que berralas. Os berros, moitas veces, liberan o espírito pero, ó mesmo tempo, rebentan coma bolboretas que furgan no estómago. É entón cando a alegría se baña por entre as entrañas da alma. Pouco a pouco, o tempo pasa e todo cambia. O balcón da esperanza queda atrás e os soños, ficticios e reais, volven pousar sobre un tempo que é e que será.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES