Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día das Letras Galegas

martes, 19 de mayo de 2020
Como cada 17 de maio e dende 1963 celebramos en Galicia -e fora dela- o Día das Letras Galegas, data instituida pola Real Academia Galega para homenaxear ás persoas que destacan pola súa creación literaria e na defensa da nosa lingua. Este ano o elexido é o ferrolá Ricardo Carvalho Calero, unha das figuras máis sobranceiras do século XX, destacado historiador, crítico, filólogo e escritor que cultiva a narrativa, a poesía (o xénero co que se Día das Letras Galegassentiu máis identificado), o teatro, o ensaio… nunha vida adicada a dignificar o idioma e a cultura galegas a través dunha traxectoria vencellada á historia do galeguismo articulado nos tempos estudiantís en Compostela arredor do Seminario de Estudos Galegos, participando despois na redacción do Estatuto de Autonomía para Galicia, publicando en "A Nosa Terra", "Grial" ou o xornal "La Noche" ao que se engade o compromiso coa "Editorial Galaxia", coa Real Academia ou como primeiro catedrático de lingüística e literatura galegas. Reivindicado para esta homenaxe dende fai anos pola intelectualidade ferrolá, Calero entra xa na lista dos grandes literatos de Galicia, xunto á nosa insigne Rosalía, Castelao, Pondal, Curros, Cunqueiro, Dieste ou Manuel María sin que, paradóxicamente, a súa vila natal poida celebrar a data por mor da pandemia que nos toca vivir neste 2020; de feito a Real Academia nunha medida sin precedentes, decidiu pospoñer para o mes de outubro o pleno extraordinario que se celebra nesta data, así como os actos adicados á figura homenaxeada. Para todos nós o 17 de maio é data de conmemoración colectiva, día importante para esta terra que é singularmente, terra de poetas. Recordamos así a Carvalho Calero a través das posibilidades que nos ofrece o mundo dixital e dende o Concello de Ferrol nun acto íntimo que terá lugar no Pazo Municipal da Praza de Armas á espera de poder facelo como se merece.
Dopico, Julia
Dopico, Julia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES