Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No 'Día de Internet', Declaración Institucional

domingo, 17 de mayo de 2020
O 2020 marca no calendario o punto de inflexión entre o momento de balance da Axenda Dixital, que definiu os obxectivos de Galicia na última década, e o punto de partida dunha nova folla de ruta para afrontar os desafíos tecnolóxicos dos vindeiros anos.Todos lembraremos o 2020 como o ano no que a crise da COVID-19 transformou dun xeito sen precedentes o noso xeito de vivir, de traballar e de relacionarnos, poñendo a proba a capacidade de resiliencia e adaptación que temos como sociedade.

Neste Día de Internet cómpre agradecer o esforzo de todos os profesionais das tecnoloxías da información, que ao igual que outros sectores esenciais, amosaron a súa profesionalidade e vontade de servizo, facendo posible traballar sen estar na oficina ou formarse sen estar na escola e sentirnos sempre acompañados a pesar da distancias.

Se quedaba algunha dúbida, a tecnoloxía amosou o seu potencial para construír un mundo que está por imaxinar e tamén xerou inquedanzas, precisamente por esa mesma capacidade de transformación do coñecido e, tamén, por evidenciar a fenda social e vulnerabilidade dalgúns colectivos. Temos a obriga de xerar un marco de confianza que permita avanzar cara unha transformación dixital segura, ética, sostible e inclusiva, dende a perspectiva de conciliar o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica coa salvagarda da privacidade e a protección dos nosos dereitos como cidadáns da Unión Europea.

Tras dez anos avanzando no camiño da dixitalización, abrimos unha nova etapa chea de retos na que a intelixencia artificial e a xestión dos datos cobrarán unha especial relevancia. A Estratexia Dixital de Galicia 2030, que está en elaboración, deber ese punto de encontro no que, cun enfoquemultidisciplinar,facer fronte ás cuestións éticas, xurídicas e económicas derivadas dos novos modelos sociais e económicos que deben aproveitar as capacidades e as novas oportunidades que virán da man da tecnoloxía.

Un novo marco estratéxico que non se conforma con adaptarse aos cambios senón que buscar xerar o cambio, cun enfoque centrado nas persoas paracontribuír a un desenvolvemento sostible da Comunidade tanto a nivel económico, como social e medioambiental.

Comezamos a década anterior convencidos de que o futuro sería dixital, iniciamos a seguinte conscientes de que o presente xa é dixital e de que o futuro aínda o será máis.
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES