Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Nas películas ianquis

domingo, 17 de mayo de 2020
Choveu. Choveu moito. E con forza. Mellor; a ver se así as pingas de auga desfán, afogan ó bicho ese que nos mantén encerrados. A música de Hans Zimmer penetra polos meus oídos a través duns auriculares grandes, orelludos. Cada vez que sento ante o ordenador necesito toda a mesa para espallar por ela dicionarios, Pingas de Orballo: Nas películas ianquiscarpetas, papeis; por iso, despois, lévame unha morea de tempo o recoller. Non obstante, ó empezar, ese tempo éme bo porque, mentres coloco todo, vaise acendendo o ordenador. Xa que o meu ordenador non é coma os das películas, que o acenden cun simple clic e ó momento xa teñen a pantalla que queren. Ó meu lévalle uns longos minutos o estar preparado, por iso me dá tempo de colocar as cousas. Iso das películas tamén me lembra ese detalle que non falla nunca nas americanas: que cando o presidente da gran nación sae dando unha mensaxe pola tele, todos, absolutamente todos os ianquis están vendo esa mesma canle e, claro, non quitan ollo da pantalla. O mesmo, o mesmo que cando cae un obxecto estraño, ou sexa, galáctico ou extraterrestre, que sempre o fai en Estados Unidos. Aínda que, neste confinamento, e vendo películas a altas horas da madrugada, téñome atopado con algunha, por exemplo, australiana ou rusa e, demo negro!, tamén neses sitios caen. Hai que facer películas de ciencia ficción en España! A ver se aprendemos! Menos mal que na Pitediña, en Baños de Molgas, xa por varias veces aterrou un extraterrestre, o meu amigo extraterrestre. Pero esa é outra historia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES