Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo de recapacitar

jueves, 14 de mayo de 2020
Nos tempos tan estresantes que vivimos, sería moi interesante que observáramos con detenimento a natureza en todo o seu esplendor.
¡Cantas leccións nos dá!
Cada ser vivo por pequeno que sexa, segue caladiñamente o seu proceso natural.
Non precisa alardear, non precisa chamar a atención, non precisa publicidade…
Ten o seu encanto natural porque fai a cousas con naturalidade.
Cumpre coa súa misión.
Pero…
¿Pasa o mesmo cos humanos?

Eu pregúntome:
¿Non hai bautizos que parecen máis ben unha festa social que a celebración dun Sacramento tan importante na vida dun cristián?
¿A que se lle dá máis importancia: a festa ou o Sacramento?
¿Non hai Primeiras Comunións convertidas noutro tanto?
¿En que plano queda a fe?
¿Cristo non significa nada na vida dun cristián?

E penso:
Se Cristo non significa nada, pode facerse tanta festa como se queira prescindindo do sacramento.
Hai familias que non bautizan os seus fillos e están no seu dereito se son coherentes co seu modo de pensar.

E cos cumpreanos pasa outro tanto do mesmo: festas, regalos, gastos e máis gastos.
¿QUÉ É MÁIS IMPORTANTE O REGALO OU A CELEBRACIÓN DA VIDA?
A min paréceme que as festas e regalos están moi ben dentro das posibilidades de cadaquén; pero sen descoidar:
-O significado dos sacramentos.
-O regalo da vida
-O valor da familia unida.
-A alegría de vivir en comunidade…

Deste xeito algúns nenos van medrando nun ambiente de festa en festa sen profundizar nos motivos das festas, pensando soamente nos regalos.

E cando chega a hora de fundar unha familia: xa esas festas perderon importancia porque:
-Por unha banda os regalos non sacian a paz interior que precisa a alma das persoas.
-Por outra hai que corresponder e ocasiona moitos gastos.

RECAPACITO E SIGO PREGUNTÁNDOME:
¿Merece a pena vivir superficialmente?
¿A vida interior non ten importancia?
¿Qué é o verdadeiramente importante?

FELICITO DE TODO CORAZÓN ÁS PERSOAS QUE POÑEN O ACENTO:

-Na importancia dos sacramentos como centro das celebracións relixiosas.

-No valor incalculable dunha aperta dun ser querido como un dos mellores regalos.

-Na alegría inmensa de atoparse reunidos en familia coas persoas máis queridas.

PARÉCEME QUE SOMOS MOITAS AS PERSOAS QUE ESTAMOS CONVENCIDAS DE QUE:

-No momento actual da nosa historia vai ser máis necesario que nunca unha educación en valores e unha formación sólida e continuada.
-Imos ter moito que aprender para adaptarnos ás novas circunstancias.
-Da nosa intelixencia e do noso xeito de actuar vai depender que saibamos reinventarnos para asimilar moitos cambios.
-Estamos nun mundo cheo de sobresaltos con cambios constantes que nunca poidemos imaxinar.
Así é a época que nos toca vivir.
Pero reinventarémonos tanto como sexa necesario para saír adiante.

¡REINVENTARÉMONOS!
Este será o título do seguinte artigo.

Agradezo o labor tan importante que fan tantas e tantas persoas para conservar o timón da vida nestes momentos tan difícilies.
E a vostede agradézolle que me tivera na súa consideración nesta ocasión
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES