Panorama económico
Editorial - miércoles, 02 de abril de 2008
Vivimos momentos que se no político son dinámicos e complicados, no económico aínda presentan maior complexidade.
Non deixan de escoitarse voces tranquilizadoras procedentes de organismos oficiais ou entidades económicas para logo facilitarnos datos do máis preocupante, como quen non quere a cousa.
Coméntase que son 368 as empresas que desapareceron en Galicia no que vai de ano, frente a 212 o 2007 en igual período; que a morosidade no pago de cretos rexistra a maior subida mensual dende hai catorce anos, que a inflación subiu en marzo dúas décimas co que chega ó 4,6% desde hai un ano. Noticias en sí preocupantes que son outros tantos datos para apoiar o pesimismo xeral que nos invade.
Cóidase que estamos a vivir a segunda volta da revolución que a alza dos precios do crudo provocou nas nosas realidades habituais, e mentras que o Secretario de Estado de Economía coida que se vai producir unha reducción paulatina deste prezo, outras voces anuncian que vai seguir subindo ata case duplicar a cotización actual.
Non sabemos a quen facer caso, a quen escoitar con máis atención. Só sabemos que son momentos difíciles que hai que estudiar atentamente, dar poucos pasos pero con firmeza, e agardar a que pase o temporal, que arrecia de xeito especial en
determinados sectores pero vai afectar a todos en conxunto.
O refraneiro quere que se poña boa cara ó mal tempo. Visto o visto, teremos que sorrir do xeito máis amplo posible, e confiar en que as autoridades competentes vaian tomando as medidas máis pertinentes en cada caso e momento. O panorama é escuro, pero de peores temos saído.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora