Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Día da Terra e a poesía (I)

lunes, 11 de mayo de 2020
Igual a poesía é a mellor maneira de falarlle á Terra, de entrar en contacto coa nosa esencia de seres vivos. Quizais por iso, ADEGA convidou a que quen quixera puidera participar con poemas á Terra.

Gustouma a iniciativa, gustoume a repercusión, porque uns e outras recollían poemas escritos por autores/as máis ou menos consagrados e outras poñíanse á faena de escribilos. Este virus trae, debaixo do brazo, tempo para todo… así que irei mostrando parte do contributo, sen pudor, simplemente pola Terra.

Substancia natural

A primeira vez que lin "Eiquí sempre foi bosque" souben que estaba ante un druída,
un home doutra época que desvelaba os enigmas da natureza, un mensaxeiro que percorre o tempo.

O recitado envolvente
como unha forza natural que acubilla as verdades.

O Caurel, paraíso, montes, agros de castiñeiros e carballos.

Debesas

Outonos preñados de cores imposibles.

Matices que tocan as cordas da sensibilidade
Cromatismo en ocres, amarelos, vermellos para envolver o espírito,
para acoller tempos de recollemento;
pecha os ombreiros
abrázate
protexe o peito
da conmoción que turba
porque tanta beleza non cabe nos ollos
e fire.

"A fermosura feriume para sempre"
dixo outro poeta
que soubo ler o mapa dos sentimentos
porque do e manca magoa.

Ríos
regatos
correntes
caudais
torrentes
escorrentías
regachos
regos
regueiros
canles
a auga percorrendo a terra
saíndo dela
entrando dentro das entrañas
empapando
enchoupando
asolagando
correndo libremente pola superficie
deixándose oír
cantando libremente
coma miles de pequenos mares
sen mareas
sen oleaxes
Eiquí sempre foi natureza
e nós intrusos.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES