Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con sentidiño

lunes, 11 de mayo de 2020
Con sentidio Semella que a boca da fin do túnel chegou, ou polo menos está chegando. O desconfinamento xa está aquí. Prefiro dicir desconfinamento e non desescalada. Porque nós non escalamos nada, tan só o fixeron, iso si, unhas gráficas, unhas estatísticas que nos deixaron un pouco ou un moito fundidos. Nós tan só estivemos pechados, encerrados, confinados. Agora empezamos a abrir horizontes. Pero con medo. Eu polo menos con moito medo. Porque somos como somos. Non temos sentidiño ningún. Parecemos cabalos bravos ou xabaríns por unha leira chea de pan.

O horizonte ábrese ante nós, pero sempre asomarán nubes negras, porque sempre actuamos ó noso albedrío. Tanto sobre a situación, sobre a pandemia como sobre as autoridades que tiveron que tomar certas ou todas as medidas. É certo que houbo erros, quizais bastantes erros, pero ante o descoñecido, quen sabe actuar? Ante o descoñecido sempre se vai a bandazos, porque non sabes por onde van a asomar os tiros. Se non se actuase desta maneira, que pasaría? Se se actuase con máis man dura, botariámonos a eles coma cans de presa. Se deixasen correr a cousa, serían uns asasinos sen alma. É moi complicado gobernar ante o descoñecido. A proba está noutros países (que se entende que son máis adiantados có noso), que están coa mesma situación ou peor. En circunstancias coma estas sempre foi moi fácil destripar ó inimigo e ó que é noso. O noso país durante toda a súa historia é un bo exemplo. A min ese cooperativismo ou esa solidariedade momentánea non me cadra moito, seméllame ficticia. Porque á hora da verdade, cada un dispara por todas as direccións e se fai falta ata o propio veciño.

A luz do horizonte está aquí, ante nós. Que non se nos apague. Sigamos cumprindo esas normas básicas que nos dan, que tampouco son tan complicadas. Máis escaralla unha aixada nas mans que unha máscara na cara. Só con ter un chisco de sentidiño lograremos vencer ó bicho. A proba estivo en que en dous meses e cumprindo as catro normas básicas (casa, máscaras, guantes e lavado de mans) o desconfinamento chegou. Sigamos así para volver á auténtica liberdade.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES