Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carvalho Calero ante unha nova prórroga

miércoles, 13 de mayo de 2020
Este ano era moi agardado para moitos militantes da lingua e cultura galega que considerábamos que Calero tiña que ser homenaxeado o día das letras galegas.

Persoalmente, creo que Carvalho, finado en 1990, competiu en ternas que ao meu parecer, non lle correspondían. Se hai que esperar 10 anos para entrar en terna Carvalho podería ter entrado no ano 2000 pero o feito é que literatos como Casares, finado no 2002, ou Manuel María, finado no 2004, tiveron un día propio antes que Carvalho. Por certo, Manuel María, como académico, defendeu a candidatura de Carvalho ocasionándolle non poucos problemas.

Con todo chegamos ao 2019 e Carvalho foi proclamado pola academia como homenaxeado do 2020. Isto constitúe en primeiro lugar un acto de xustiza para un persoeiro imprescindible da nosa historia, da nosa cultura e da nosa lingua. A vida de Carvalho demostra ata que punto pagou o mantemento da propia coherencia e como, en circunstancias adversas, nos legou unha obra que abarca todos os xéneros.

Realmente, todos sabemos que os méritos de Carvalho eran máis que suficientes para dedicarlle este día e que obxectivamente, como xa dixen, tiña que ter sido. A partir de aquí, cómpre reflexionar como podemos aproveitar esta homenaxe a prol da cultura e da lingua como creo que a el lle houbera gustado. Dentro de todo o que tivo que esperar e desta nova prórroga máis que probable, coido que a Carvalho lle houbera gustado ver como Galicia e Portugal tecen lazos culturais en todos os ámbitos, procurando crear e xerar sinerxías para construír conxuntamente historia e cultura.

Ás veces, parece que o destino xoga con nós cando en realidade nos ofrece unha nova oportunidade. Neste sentido, é de xustiza a petición que se está a facer dende distintos colectivos culturais como a Asociación de Escritores en lingua galega de prorrogar a homenaxe a Carvalho ao longo do 2021. El meréceo e nós necesitamos unha achega fonda e decidida aos nosos irmáns lusos.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES