Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coronavirus, a pandemia

viernes, 08 de mayo de 2020
Finais de inverno e toda a primavera deste 2020, tocounos vivir unha situación inédita para varias xeracións; algo que nos cambiou e, probablemente, cambiará a vida, presente e no futuro próximo: a pandemia do COVID- 19.

Non estabamos afeitos a vivir estas situacións; pensabamos que estas cousas so pasaban no terceiro mundo; que no "próspero" mundo occidental, nunca ocurriría nada parecido. Peo, aquí estamos, experimentando esta nova sensación de medo e vulnerabilidade, pola saúde e incertidume, polo futuro económico e social que se aveciña, sobre todo, para as novas xeracións.

Quizá o Planeta se cansou de soportar tanta contaminación destructiva e as propias forzas naturais reaccionaron violentamente a esa brutal agresión.

Mira por onde, tantos cartos gastados, con suculentos beneficios para determinadas empresas e países, na fabricación de armas destructivas, que matan e deixan na miseria a miles de persoas cada día, que ben ía ese diñeiro invertido en sanidade e investigación.

Agora, comprobouse canta importancia ten a sanidade e a saúde pública, reforzada con investimentos fortes e non con recortes presupuestarios, argumentando o mantemento do déficit público!!.

E os cuidados das persoas maiores! Permitíuse a entrada de fondos buítre e empresas privadas na xestión de residencias de anciáns! A sanidade, os cuidados(de maiores e nenos), a educación..., non poden ser obxecto de negocio nin especulavión. Teñen que ser xestionados polas administracións públicas. Son un SERVICIO, nunca un beneficio económico!

Esta parada tennos que facer reflexionar sobre que mundo queremos; se seguir consumindo desaforadamente, mentres outros morren de miseria e destruíndo este marabilloso Planeta, que a Divinidade creou para todos(non so para nós), ou cambiamos de actitude e tratamos de ver que outro mundo é posible, buscando outras alternativas, máis humanas, máis xustas e transformadoras, onde todos poidamos habitar, en harmonía, este marabilloso planeta Terra!!!
Pérez Freire, Lourdes
Pérez Freire, Lourdes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES