Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outras epidemias

viernes, 08 de mayo de 2020
Outras epidemias Porque habelas hóuboas. Agas da mal chamada “gripe española” de 1918 que provocou no mundo moitos millóns de víctimas mortais, do resto agúns temos referenzas directas por vivir no tempo en que se produciron .

En 1957 apareceu a chamada “gripe asiática” orixinaria de Hong Kong causando tamén máis de tres millóns de mortos ( por certo bastante censurada no noso país respecto á súa evolución) e en 1968 de novo Hong Kong con preto de dous millón de víctimas.

Xa neste século no 2002 aparece o SARS ( Signo Respiratorio Agudo Severo) provocada por un virus da mesma família deste que nos ten arestora en vilo. Todo isto á par que tráxico non deixa de ser normal pola eterna convivencia que o ser humano ten cos virus dos que cada un de nós levamos unha carga inmensa. Parece mentira que unhas proteínas só vistas a través do microscópio electrónico poidan provocar desastres como aos que nos estamos referindo.

Pero no mundo hai outras epidemias e pandemias brutais que rematan coa vida de seres humanos todos os días e precisamente por seren de cotío non saen nas portadas dos medios de comunicación: xa non son noticia.

Moitos millón de persoas vánse á cama todas as noites con fame, sen nada que botarse á boca. A FAO, organismo dependente da ONU que trata de conducir as actividades na procura da erradicación da fame no mundo calcula que diariamente morren de fame 40.000 persoas ( algo máis que toda a poboación da cidade de Soria). En España tamén hai moita xente que pasa fame, uns dous millóns e máis de 600.000 atópanse en situación de inseguridade alimentaria. ¿Haberá algo peor que morrer de fame? Sinceiramente creo que non. Os meniños eses de Madrid aos que lles daban pizza, na única comida que seguramente facían ao día, tamén pasan fame e isto acontece en pleno século XXI cando nunca se deron mellores condicións no mundo para que esto non suceda. Todo ser humano a estas alturas tería que ter cubertas as súas necesidades vitais sen que iso supuxera ningún problema para a economía mundial, pero a cousa éche ben distinta.

Temos unha pandemia, enfermidade de deshumanización enquistada no sistema e non houbo ata o de agora ningún indicio de vacina efectiva malia tela aí, a man.

Arestora estamos preocupados coa irrupción do Covid-19 andando na procura de atopar solución a este problema engadido aos outros problemas que xa estaban aí.

É cousa normal e lóxica pero non podemos permitir que estes ábores non nos deixen ver o bosque porque estou convencido, e oxalá estea equivocado, das tremendas consecuencias sociais económicas e laborais que este coronavirus nos vai provocar.

En dous meses xa hai 900.000 desempregados máis e isto non fixo máis que comezar o que prognostica unha debacle económica anunciada. Temos que ter todos conciencia disto. Poñer paus na roda é dunha insolidariedade e inconsciencia absoluta. A ver se hai sentidiño.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES