Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O Camiño do Medio

viernes, 15 de mayo de 2020
Collo o camiño do medio. Para non discriminar. Para que algúns non pensen mal. Avanzo. Pero a verdade é que non sei para onde vou. Ó mellor vou na procura dun tríscele ou dun reloxo de area, vai ti saber. Tamén podo buscar un sorriso moi aberto ou unha conversa inmensa. En principio collín o camiño do medio e, despois, Deus Pingas de Orballo: O Camiño do Mediodirá. O caso é andar. Ando polo camiño dun sentimento cheo de paixón e subo a costa cun latexo no corazón. Ás veces son así de sentimental, ou de parviño morno, ou de soñador. Pero sempre dixen que era bonito soñar. Soñar esperto se entende. O ceo está poboado de nubes negras. E que? Se todo o meu criterio, todo o meu entendemento é branco. Branco coma un vestido vermello, ou azul, ou púrpura. Ás veces as cores están aí para confundilas ou para que te confundan. Pero, que máis dá! Toda cor é bonita. Non quero desviarme un ápice do camiño do medio, aínda que teña que ver ó lonxe esas cores. Moitas veces é suficiente o contemplar tan só, o ver como a harmonía do conxunto estoura diante duns ollos abertos de asombro, e aí queda para sempre a felicidade flotando entre nubes, agora brancas, de algodón. Por veces son un romántico dun poema ó que lle faltan os versos. Porque non todos os versos queren acoplarse ó ritmo do poema. É igual; a vida segue polo camiño do medio. Porque o meu entusiasmo optou por este e non vou agora rexeitar del. Cando, na realidade, me está ofrecendo todo o que desexo, todo o que quero. Sigo andando por el e soñando coas cores dunha ilusión.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES