Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un futuro mellor

jueves, 07 de mayo de 2020
Todos queremos un futuro mellor.
Trátase de madurar, de medrar como persoas, de construír un mundo no que non falte: o pan material, o pan psicolóxico, o pan emocional e o pan cultural sen esquecer o pan espiritual.

CONSEGUIRÉMOLO PORQUE:
Hai moitas familias que teñen as ideas moi claras e os pés ben anclados na terra e saben moi ben o que hai que facer e como facelo.
-Familias que colocan a cada membro no seu debido lugar.
-Familias que inculcan valores ós seus fillos.
-Familias sólidas e consolidadas.

NESAS FAMILIAS NACEN CRIATURAS QUE VAN MEDRANDO NESE AMBIENTE.
-Criaturas que son a semente necesaria nestes tempos de desenfreno, incertidume e inseguridade.
-Criaturas que se están formando para chegar a ser mulleres e homes de proveito o día de mañá.
-Criaturas que teñen soños.
-Criaturas que se poñen metas.
-Criaturas con moita ilusión…

Pero mentres esas criaturas non se fan adultas temos que aplicarnos os adultos: MELLORANDO O PRESENTE.

NO PRESENTE HAI MOITAS PERSOAS MOI VÁLIDAS:
-Moitas persoas boas que comparten amor, amistade, afabilidade, servicialidade…
-Moitas persoas que entregan as súas vidas a favor dos demais.
-Moitos pais e nais de familia que conservan con moito esmero o calor do fogar creando familias felices.
-Moitos mestres e mestras con dedicación plena que están traballando ata as altas horas da noite para que o alumnado que atenden a través da internet, se sinta o mellor atendido posible dentro destas circunstancias tan adversas a causa do Covid19.

PORQUE ESTE “CORONAVIRUS” QUE NOS OBRIGA A ESTAR CONFINADOS, PÍDENOS A BERROS MOITAS COUSIÑAS.
Entre elas:
-Que deixemos a un lado moitas cousas superfluas das que podemos prescindir.

-Que asimilemos que a humildade, a xenerosidade e a solidariedade son máis necesarias que nunca.

-Que imos ter que practica-la resiliencia e a tolerancia con moita intensidade porque “a nova realidade” vai ser ben diferente da que viñamos disfrutando.

-Que é moita hora de tomar conciencia de que somos moito máis vulnerables do que nunca podemos sospeitar.

-Que non se pode vivir de espaldas a Deus.
Necesitamos facer un oco no noso corazón para moitos misterios que ten a vida e que só en Deus atopan a solución.
Porque os camiños de Deus non son iguais que os nosos camiños.
Deus escribe dereito en renglóns torcidos

Co noso esforzo e a axuda de Deus seremos capaces de recuperar valores que fagan posible un futuro mellor para todos.
É tempo de recapacitar.

”TEMPO DE RECAPACITAR”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola súa colaboración na construcción dese futuro mellor que todos desexamos.
Moitas grazas tamén por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES