Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un inmenso problema

miércoles, 06 de mayo de 2020
O refraneiro afirma que “un clavo saca outro clavo”, xa que unha gran preocupación atenúa o resto dos problemas.

Nos medios informativos, no tempo anterior a este, tratábase un sen fin de temas que a case todos nos afectaban, vindo ser recordatorio dos males da sociedade desde o emprego aos soldos, das relacións humanas ás agresións machistas, e así ata o infinito, culminando co problema do clima, derivado das catastróficas accións dos seres humanos.

Nunca coidamos que, coma nas guerras, o problema podía ser un só que abarcara todo, e pasemos as novas, as horas, os días, sufrindo un só problema mortal contra o que o único remedio coñecido é replegarse, refuxiarse no mundo virtual, pechar os ollos e agardar que pase de nós.

Un gran problema parece arredar o resto, pero non é así xa que como un monstro inconcebible este clavo fagocita os demais, todos pasan por el, todos se magnifican nel, porque ven potenciar exponencialmente os conflitos sociais, pechar empresas, eliminar milleiros de postos de traballo, matar innumerables persoas que podían ter unha longa existencia se non tropezasen con esta tropelía da natureza que arrasa todo, sen máis solución que erguer muros que o couten.

Este clavo non quita os que nos abouraban a alma, aínda que queden esvaídos, e haxa quen valore que con menor actividade exterior mellora a calidade do aire que respiramos, e con ela a nosa saúde. Pero tamén aumentan os problemas derivados da longa convivencia forzosa.

É mellor ter moitos problemas e non un só inmenso, xa que con máis cousas nas que pensar, alomenos algunhas van tendo solución.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES