Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por que desescalamos?

martes, 05 de mayo de 2020
Levo pensando nisto desde que lle escoitei por vez primeira, no contexto destas semanas imprevisibles, ó presidente do Goberno a súa solemne pronunciación.

Non fai falla ir ó diccionario -porque non está- para saber que "desescalar" ben a significar dun xeito literal "baixar unhas escaleiras" ou, en sentido figurado e nun contexto de deporte de montaña, desandar o camiño andando cando un "escalador" executa unha escalada.

De tódolos xeitos, sexa ou non sexa aceptado pola Academia da Lingua, o termo a min non me resulta adecuado, non xa polo seu significado, senón porque non é certo que o tránsito que comezamos a a facer esta semana non nos leva cara ningún lugar máis baixo -a non ser que nos conduza ó caos directamente- porque a situación en ningún momento nos colocou en ningún pedestal, nin moito menos, senón, incluso, ó contrario.

Eu só sei que o venres día 13 de marzo, o que fixo o presidente do Goberno foi saír na televisión e avisarnos de que ó día seguinte, por decreto, ía meternos a todos nun pozo. No pozo do illamento social dos nosos fogares. Cousa que fixemos todos dun xeito civilizado sen parangón e obedientiños coma pericas conducidas cara o redil polo seu pastor. E así levamos ata o momento no que estou escribindo 49 días coas súas correspondentes noites. Pero 49 días e 49 noites nun burato social, non en ningunha plataforma privilexiada da que agora teñamos que descender -é dicir, desescalar- cara esa "nova normalidade" que, sinceramente, tampouco entendo que quere dicir.

Como tampouco entendo por que se no día de hoxe comezamos esa irreal desescalada cara o futuro incerto que nos agarda, a través dun tránsito gradual cruzando catro espazos temporais, por que -repito- o presidente do Goberno numera as fases dende o 0 ata o 3 e non dende o 1 ata o 4, que é como todos aprendemos a contar dende o parvulario. Se cadra para que parezan menos, igual que parece menos o prezo dun producto a 9,99 euros que a 10?

Quen é a cabeza pensante -porque a hai, vaia se a hai!- e que é o que persegue realmente con estas zarapalladas propias dun trileiro de mercado semanal? Tomarnos por parvos ós cidadáns? Pretende enredar para que no medio da arañeira verbal presidencial non logremos remexernos e acabemos engulindo a súa mensaxe pretendidamente magra sen mastigar e, polo tanto, sen detectar o seu sabor a carne podre?

Que pretende? Prepararnos para que, cando todo isto comece a ver a luz, acabemos vendo ó presidente coma ó Moisés que temos que adorar porque nos abriu as augas do océano e nos conduciu ó novo paraíso?

Non sei... Son tantas mensaxes, cifradas e non cifradas, as que estamos recibindo, que un xa non sabe se deixar pasar e poñerse a rezar con paciencia franciscana ou prepararse –digamos en sentido figurado- para a vida subversiva.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES