Sáhara: un dobre confinamento
Santalla, Iago - miércoles, 06 de mayo de 2020
Estamos a vivir o duro que é un confinamento entre algodóns. Entre algodóns primeiro porque a intencionalidade do mesmo é o noso propio ben. Entre algodóns porque ninguén nos couta o acceso aos recursos fundamentais. Entre algodóns porque todas as autoridades desexan saír da pandemia salvando o maior número de vidas posibles. Entre algodóns porque temos unha sanidade pública excelente. Entre algodóns
Agora imaxinemos vivir o COVID 19 no medio do deserto, cun ollo espreitándonos para limitar os nosos movementos. Un ollo que agarda ver a nosa propia morte e que leva anos cercándonos de espadas de Damocles. Isto é o Sáhara occidental.
Unha terra en constante perigo que leva 40 anos sucando a historia na máis absoluta pobreza
No Sahara, na nada absoluta, impuxeron fortes restrición a unha mobilidade xa restrinxida que os afasta aínda máis do cumprimento dos dereitos humanos. Se isto fora pouco a crise sanitaria obriga á suspensión de Vacacións en Paz, ante o risco de que os nenos leven o virus aos campamentos.
A pobreza absoluta tributa ante o COVID 19 despoxándose da posibilidade de ter algo e da oportunidade de vivir 60 días outra vida.
Pois ben, xa os botamos en falta e gardamos azos e forzas para o 2021. Como eles tócanos teimar polo porvir e, guiados polo seu exemplo de dignidade, non desistiremos.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora