Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

2020. Vinte vinte

lunes, 04 de mayo de 2020
2020. Vinte vinte.O ano do cambio de paradigma.
Estamos en tempos de cambio. O que ata hai uns meses era normal tal vez non volva a selo. De repente, coma se dun cataclismo se tratase o mundo dou a volta co de dentro para fóra. Foi unha transformación potente pero silenciosa; non se trataba dun ataque terrorista senón da expansión dun virus, dun contaxio para o que ningún país podía estar preparado. Unha contaminación vírica que encheu os hospitais ata desbordalos e pasar a ocupar recintos feirais, pavillóns polideportivos, hoteis...

Toda a xente tivo que pecharse nas casas para que o virus non chegara a eles, porque andaba por todas partes. Tratábase de fuxir del, de non darlle ningunha superficie sobre a que poder pousarse pois actuaba como un alien invisible que se alimentaba dos tecidos esenciais para reproducirse infinitamente.

Semellaba castigo de deuses ou dunha Terra farta de aguantar os xogos de poder sobre o planeta, sobre o resto das especies e, incluso, sobre os persoas máis vulnerables.

Primeiro chegara o VIH, o virus da inmunodeficiencia humana que chega a producir o síndrome de inmunodeficiencia adquirida ou SIDA. Transmitíase a través dos fluídos de persoas infectadas: sangue, leite da nai, seme, líquido preseminal e fluxovaxinal. Maioritariamente relacionados co sexo, de maneira que atacou -dalgunha maneira- a liberdade sexual (posterior á chamada revolución sexual) á que chegaran moitos países occidentais na segunda metade do século XX. A indefensión ante ese perigo, que chegaba oculto aos ollos e microscopios, fixo que a especie humana mostrara, de novo, a súa fraxilidade, igual que no momento de nacer.

Agora, un coronavirus con número e letra, atacou, de novo. Entra polas aberturas da cabeza e ataca de tal maneira que impide que o osixeno chegue a manter a vida. O mundo, que corría a toda velocidade, tivo que pararse: as empresas, os transportes, o ocio… ficaron conxelados, Como se podía parar todo? Pois parouse! O capitalismo salvaxe que se instituíra como algo normal, que viña de serie, da mesma natureza e era de imposible modificación (senon era por parte das mesmas cabezas do gran capital) ficou cambaleándose, mentres unha parte se erguía sobre os seus propios ombreiros para, coma carroñeiras, enriquecerse no medio da destrución e a morte. A xente ficou illada, non puido falar entre ela nin mostrarse afecto. As pantallas, que tanto adoraran nos tempos anteriores, convertéronse no único medio de relación entre eles, víanse, falábanse, aloumiñábanse a través do dixital, cos fanais interpostos.

As rúas baleiras, os locais pechados. A vida no cárcere do fogar ou dando unha nova oportunidade ao silencio, ao pensamento e ao sentimento, aos afectos… entre as catro paredes.

Agora, no medio do vendaval, vemos que certas programacións funcionan: A esperanza de vida que conseguira aumentar foi tallada de tal forma que os máis vellos e enfermos foron os primeiros en caer. As persoas de menor idade estaban confinadas na casa e nalgún momento os adultos estiveron dispostos a cumprir os soños dun mal estudante: nin suspensos nin repetición. Nese soño non se falaba de atención á diversidade, en tempos de confinamento e no verán, de medidas de apoio na escola ou por parte dos concellos, da cultura do esforzo nin da necesidade de poñer orde nun tempo tan difícil. Falábase de que ninguén perdera o curso, falábase de recupéralo no seguinte, pero igual perdía algo máis, porque eses mesmos adultos anticipaban que o abandono escolar ía aumentar, polo tanto quedarían fóra do sistema aqueles de orixe sociocultural e económico máis baixo, os que estorbaban.

Semellaba obedecer, todo, a unha planificación cruel.

A lei de selva volvía, cabalgando no lombo de negros cabalos, baixo un ceo plúmbeo sen horizonte.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES