Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mestura de estrañezas

lunes, 04 de mayo de 2020
Mestura de estraezas A case dous meses do confinamento empezo a botar de menos varias cousas. En primeiro lugar están os famosos, malditos e queridos bares para poder tomar un cafeciño, e non polo café en si, senón polo ambiente, pola parola que supón o tomalo con xente coñecida. Boto de menos, por suposto, o fútbol; e tampouco polo fútbol en si mesmo, senón polo que comentaba dos cafés: o ambiente, a camaradaría. Estraño o ler andando. A proba é que, na casa, neste longo confinamento nunca lera tan pouco. Porque estaba máis tempo co ordenador ou porque ó ler na cama tenta o sono e ou me botaba a dar unha cabezada ou xogaba un chisco ó trivial.

A maiores de que os dous últimos libros que pillara na biblioteca xa os tiven que ler amodiño para que me duraran algo máis. E aínda así tiven que botar man de libros que hai anos me mandaran por correo electrónico e que imprimira. Porque as miñas lecturas teñen que ser en papel, nada de dixitais nin de móbiles nin tablets nin rabo de gaitas. Tiven que saír todas as mañás polo periódico. Unha mañá non o fixen e aquel día case me poño enfermo, pois aínda que lle botara unha ollada na súa forma dixital, non che é o mesmo, non.

Outra das cousas que botei de menos, moito de menos foron as películas polas televisións. De 24 canles que podo ver (non me podo permitir o luxo das teles de pago), en todo este confinamento, non sei se vería unha ducia de películas con algo de categoría. E se non erro nos meus cálculos (levo un listado) vin 111. Á parte, iso si, de que esa ducia xa as vira, algunhas máis de tres ou catro veces. Ou sexa, que neste confinamento, que sería cando deberían proxectar auténticas obras mestras para entreternos, tan só botaron trapalladas e máis trapalladas. E moi repetidas. Porque hai canles que nos machacan unha e outra vez coa mesma película.

Menos mal que, pasiño a pasiño, empezamos a ver a fin do túnel. E alá, na súa boca, xa se aprecia, xa se sente e xa se ve a claridade dunha vida que, a moitos se lles arrebatou, e ós demais, case case. Emporiso, a base de sacrificios e con moita forza alcanzaremos, faltaría máis, esa boca do túnel. E máis alá dela estará a liberdade e a rutina. Si, a rutina, pero unha rutina bonita.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES