Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Tu risa me hace libre…

viernes, 08 de mayo de 2020
...me pone alas', canta con versos Miguel Hernández. A risa do fillo, contada pola nai, abríndose paso ata a cela do poeta.

A risa é habilidade precoz nos nenos e temprana na nosa especie, a única que ri. Que sorrí amodiño. Que estoupa en gargalladas. Característica tan humana, abre as portas á felicidade alí onde é posible un pouco de felicidade. O sorriso, a risa, as gargalladas son caldo social que achega aos outros. Desde os primeiros meses xoga un papel social. O bebé ir e provoca unha resposta: os que están a carón rin.

Coa risa somos máis felices, máis sans. A lista de beneficios é interminable. Os que saben din que a risa fai que nos sintamos ben, mellora a saúde, libera endorfinas relacionadas co benestar psíquico e limpa de chapapote negativo. As gargalladas actúan como goma de borrar que elimina os trazos que envelenan os adentros. Din.

A risa, e con ela o sentido do humor, é fondamente humana, fósforo ás veces heterodoxo e demoledor que ilumina a intelixencia. A miúdo arma temible contra o poder. Tanto, que intenta apagar as risas, silenciar a burla, o sentido do humor e o seu carácter abrasivo. A fin de contas o humor pode ser perigoso pero é imprescindible na democracia onde o pobo fala, cala, escoita, ir, búrlase. Xa na democracia grega medraban tipos como Aristófanes, o comediógrafo de afiado e irreverente sentido do humor. Burlándose de todos baixaba aos poderosos do pedestal, facéndoos máis humanos.

Mulleres e homes rin, contan chistes, toman o pelo, búrlanse do poder. As mentes máis tétricas e inmovilistas foxen como do demo da risa, do humor. Moléstalles a ironía. En 'El nombre de la rosa', de Eco, aparece o rostro terrible, severo de Jorge de Burgos, o freire ancián que non vacila diante do asasinato. Todo vale para borrar a risa humana, para esconder libro onde Aristóteles fala da comedia.

A risa que desnuda e abomina da censura, é outro instrumento da verdade. Só para os fanáticos é perigosa. Os dogmas de odio apostan pola cor gris, a rutina da seriedade, a crueldade. E crean sociedades sombrías e crispadas onde está prohibida a risa e o xogo, todo o que libera e produce placer. Mundos tristes de censores incapaces de rir.

'Es tu risa la espada más victoriosa'. Por iso medios como NY Times censura a viñeta onde o can Netanyahu guía ao cego Trump. Velaí o poder dos cartos. Éche o terreo onde se moven os fanáticos capaces de matar pola sátira irreverente cos seus deuses e profetas. Aquí a risa, o humor abría fendas no cárcere social da ditadura. Hoxe, aínda condena a rapeiros de sal gorda.

O humor, a risa que resoa, as gargalladas que estoupan son espazos contra a censura e o puritanismo. Fan o mundo máis amplo, territorio das ideas amable e coloreado. E abre as portas á liberdade. Onde a risa pon alas.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES