Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Non fago sombra!

miércoles, 13 de mayo de 2020
Cando quero perseguir a sombra que vai á miña beira, vexo con sorpresa que non hai tal sombra. Non fago sombra! Son delgadiño, pero algo de sombra debería facer, aínda que só fose un fío de Pingas de Orballo: Non fago sombra!negrura. Nada, non fago sombra. Empezo a angustiarme e a suar. Miro para arriba e vexo que o sol está no seu máximo esplendor. Dou uns pasos para adiante e para atrás, para un lado e para o outro e sigo sen facer sombra. Boto a correr, a ver se coa velocidade a sombra se desprende de min. Porque hoxe, co sol que vai, calquera obxecto ten que facer sombra. Non fago sombra, por Deus! Encoméndome a san Romualdo e nada. Caio de xeonllos sobre o bulleiro do atallo e prégolle á santiña dos Milagres e tampouco nada. Intento calmarme cando sento sobre unha parede dos Poulos e deixo que o son das augas do río Arnoia cheguen con temperanza e parsimonia ós meus oídos, pecho os ollos e concéntrome no silencio do ruído (lembrade que no ruído tamén existe silencio) para, ó abrilos, buscar con calma e sen ansiedade a miña sombra. Sigo sen facer sombra. Non me queda outra que deixar escapar as bágoas. Lágrimas de impotencia e carraxe, lágrimas de tristura e desconsolo. Algo non vai ben; todos facemos sombra. Eu non fago sombra! Desde os Poulos volvo a correr cara á Baños de Molgas. Ó chegar á casa subo á habitación para meterme na cama. Acendo a luz e a miña sombra longa e, iso si, delgadiña atravesa a cama e sobe pola parede. Agora choro de felicidade e durmo coma un santiño.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES