Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Dándolle a razón a Sabina

sábado, 09 de mayo de 2020
Poño que é mércores 29 de abril para saber en que día vivo. Nesta época que estamos vivindo, moitas veces teño que pensar intensamente para situarme no día exacto. Boto man dun calendario e de que me vale se non sei que día estou buscando. Pingas de Orballo: Dándolle a razón a SabinaQue importa que sinale tal ou cal día se non sei se é martes, mércores ou xoves. E iso que non debería ter moitos problemas a este respecto, pois son deses que datan moitas cousas: se vexo unha película (e practicamente véxoa todos os días) levo un listado no que anoto o día, a canle e se a vin en versión orixinal subtitulada; levo algo así coma unha axenda ou diario no que vou día a día anotando o que haxa que anotar; e practicamente veño escribindo algo todos os días para este xornal no que, cando gardo os escritos para min, anoto onde os escribín e a data. Ou sexa, que debería non errar nunca na busca do día no que vivo. Pois hoxe tiven que pensar moito e preguntarlle a un fillo cando estabamos xantando se era mércores ou non. É mércores, 29 de abril. Non queda outra que darlle a razón a Joaquín Sabina; que este ano roubáronnos o mes de abril. E a primavera no Corte Inglés. Non somos ninguén! Eramos felices e non o sabiamos. Non obstante, esta felicidade axiña volverá á nós. Como volverá a rutina á nosa vida e con esta non queda outra que programarse (estes días tan só nos programamos para asistir ás cociñas, ós salóns e ós dormitorios), e xa programados, que remedio queda en botar mellor man do pensamento para saber en que día vivimos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES