Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Somos os mesmos que...

martes, 05 de mayo de 2020
Somos os mesmos que gabamos á maioría dos colectivos que están a loitar contra a pandemia do coronavirus e os que, nos primeiros días, asaltamos os supermercados, polo que deixamos a moita xente deses colectivos sen produtos básicos. Somos os Pingas de Orballo: Somos os mesmos que...mesmos que aplaudimos a rabiar e, ó mesmo tempo, deixamos letreiros nos portais ameazando principalmente ós sanitarios que viven nel. Somos os mesmos que pedimos a berros que saian os nenos das casas e ó facelo, andamos como Xan polo outeiro ou como o cura pola igrexa, sen respectar normas nin rabo de gaitas. Somos os mesmos que traemos en andas ás forzas da orde e ás que lles lanzamos insultos a darlle cun sacho cada vez que nos multan... porque a culpa sempre é deles. Agora mesmo loámolos, admirámolos e querémolos pero cando nos cruzabamos ante un radar disimulado, avisabamos a outros condutores dándolle as luces para que non caesen na trampa deses malditos (paréntese para dicir que nunca avisamos ós condutores polo ben destes, senón por amolar ós de Tráfico). Somos os mesmos que criticamos ó Goberno, sexa do partido que sexa, cando toma medidas drásticas; que se por que non o fixo antes, que se por que o fai pois ó mellor non é para tanto, que se arre que se xo. Somos os mesmos que saímos ós balcóns para dar forzas ante esta situación é, ó momento, saímos á rúa para ir dun lado para o outro mercando unha cousiñas aquí, dúas alá e tres acolá. Á hora da verdade, somos a hipocrisía feita realidade.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES