Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Papa Francisco e o Día internacional do Traballador

sábado, 02 de mayo de 2020
O PAPA FRANCISCO dedicou a súa mensaxe do DIA INTERNACIONAL DO TRABALLADOR, o mesmo que fixo a Pascua do Domingo de Resurrección, a todos aqueles que se están vendo afectados pola pandemia do CORONAVIRUS e afirmou que «o mundo enteiro está sufrindo e ten que estar unido» porque este «non é o tempo da indiferenza».

Desde o interior da CAPELA DE SANTA MARTA e non asomado ao balcón central, como é habitual xa que a praza está pechada polas medidas de urxencia ante a pandemia, Francisco dedicou a súa mensaxe de 1 de Maio a encomiar aos empresarios que coidan aos obreiros coma se fosen os seus fillos e pediu TRABALLOS PARA TODAS E TODOS CUN SALARIO DIGNO ante este «desafío histórico».

Tras unha sobria misa, Francisco tomou a palabra e dedicou os seus pensamentos «sobre todo aos que resultaron afectados directamente polo coronavirus e volveu repetir de xeito conciso, pero moi claro : un salario universal que recoñeza e dignifique as nobres e insubstituíbles tarefas que realizan; capaz de garantir e facer realidade esa consigna tan humana e tan cristiá: ningún traballador sen dereitos.

REACCIÓNS ANTE ESTAS PALABRAS DO PAPA O DOMINGO DE PASCUA E QUE O DIA INTERNACIONAL DO TRABALLADOR VOLVEU A RECLAMAR.

-Os bispos españois están en contra do Ingreso mínimo vital, que o Goberno ten previsto aprobar en maio e que tamén defende o papa Francisco, como unha medida permanente. O portavoz da Conferencia Episcopal Española (CEE), Luís Argüello, sinalou que só comparten esta axuda destinada aos sectores máis vulnerables como algo coxuntural: "Neste momento, renda básica, axuda a quen se quedaron en paro, a quen o necesitan a través do instrumento que pareza oportuno é indispensable.
Pensar nunha permanencia de grupos amplos de cuidadanos que vivan de xeito subsidiada eu creo que non sería un horizonte desexable a longo prazo para o ben común".

E por outra banda temos a resposta de Abascal sobre o Papa Francisco que non lle vai a facer nin chisco de graza aos votantes católicos. Das poucas cousas que un cidadán medio pode sacar en claro do ideario de Santiago Abascal, líder de Vox, é o seu inquebrantable amor por unha, grande e libre España e que é un católico, apostólico e romano de manual. Polo menos érao. E dicimos que o era, porque o líder de Vox permitiuse mércores, criticar con ese estilo tan desabrido que lle caracteriza ao mismísimo Papa de Roma, o Papa Francisco.

O presidente de Vox referiuse o mércores nunha roda de prensa ao papa Francisco como o "cidadán Bergoglio". Que ocorreu para que Abascal critique ao xefe máximo da súa Igrexa católica?, preguntarase máis dun. Quere apostatar? Ou peor, quere que o excomulguen? Non, nada diso. Parece que o líder de Vox ten máis ben problemas co voto de pobreza: non lle gustou nada que o Papa defendese días antes a creación dun salario universal, unha proposta que se parece moito á do ingreso mínimo vital que vai poñer en marcha o Goberno.

A Abascal a idea do Papa púxolle dos nervios ,igual que aos bispos. A miña conclusión é que:Os BISPOS ESPAÑOIS ESTAN MÁIS CERCA DO XEFE DA ULTRADERECHA QUE DO PAPA FRANCISCO E MÁIS, AÍNDA MÁIS GRAVE, DO EVANGELIO DE JESUS DE NAZARET.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES