Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Corentena

viernes, 01 de mayo de 2020
Sabemos que a corentena é un período utilizado desde hai ducias de séculos, que para os cristiáns se basea no tempo que Xesús pasou no deserto, téndose utilizado como medida para comprobar se alguén presentaba síntomas de graves enfermidades que en tempos podían ser a lepra ou a Peste negra.

Sendo unha referencia, esta medida ven aplicándose a calquera confinamento, sexa para as persoas que viaxan dun país onde hai enfermidades incontroladas, ou para os astronautas que regresan de misións no espazo polo temor a enfermidades que poidan ser transportadas nas naves espaciais.

Cando esto comezou, díxosenos que entrabamos en “corentena” pero non se delimitou a duración, sendo inicialmente de quince días, quizais para non intranquilizarnos demasiado, e pola disposición legal que limita estes períodos.
Agora estamos no terceiro, aínda que o estado da situación permite dulcificar o confinamento, os nenos xa poden dar un paseo acompañados por un maior, e axiña tamén poderemos pasear os maiores, aínda que o resto das medidas terá que negociarse entre as dúas forzas que comparten a condución da nave do estado.

E falando de nave, lembremos que a corentena máis sonada da historia foi a da nave gobernada por Noé, acompañado da súa familia e unha parella de cada especie animal para salvala do diluvio. No diluvio universal, segundo a tradición, choveu corenta días e corenta noites; pero a corentena non rematou ahí, porque o peche na arca durou 110 días máis e cando se pousou no monte Ararat levaban pechados cinco meses, 150 días. Agardemos que esta sexa ben máis curta, polo ben de todos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES