Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O planeta das bonecas

lunes, 31 de marzo de 2008
Unha das mellores películas de Ciencia-Ficción, “El Planeta de los simios”, versión da novela do mesmo título de Pierre Boulle, amosa un mundo dominado por primates no que os homes e as mulleres existentes están reducidos á esclavitude, non saben falar, e viven unha existencia bastante peor que a dos simios no noso mundo.

Segundo esta magnífica metáfora dunha posible futura civilización, os simios coidan ter sido sempre os que dominaron o seu mundo, ata que nunha excavación arqueolóxica se encontra unha boneca, con cara humana, que fala. Entón descobren que nunca podería ter sido feita unha boneca como aquela se os seres humanos non falaran en tempos pretéritos.

Cun certo paralelismo coa metáfora, o Bng no goberno da Xunta quere unha boneca que fale en galego, unha boneca que -do mesmo xeito que as hai que falan en castelán aínda que só sexa para dicir unhas poucas palabras- se exprese no idioma propio de Galicia.

Pero resulta que as fábricas de bonecas non se interesan polo tema, e o goberno galego non atopa fabricante disposto a afrontar a empresa.

Ata agora ninguén se pronunciou sobre o tema, pero haberá que pensar en subvencionar a quen se encargue do tema. Non porque o día de mañá os arqueólogos atopen unha proba de que existiu un idioma e un país, senón porque non está nada mal que os nosos nenos e nenas poidan xogar con bonecas que pronuncien palabras no idioma propio do país.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES