Moito que aprender
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 30 de abril de 2020
É ben certo que o saber non ocupa lugar; pero tamén é certo que: sempre é tempo de aprender, pero hai momentos na vida que é preciso aplicarse un pouco máis..
Un deses momentos pode se-lo presente no que todos estamos sufrindo moito coa presenza do coronavirus nas nosas vidas.
É bo momento para aprender:
-O VULNERABLES QUE SOMOS, QUE NON PODEMOS CUSPIR CARA Ó CEO.
De nada vale competir por ter máis nin por ser máis que niguén.
Cada persoa ten que competir consigo mesma por superarse a si mesma.
-COMO PODE CAMBIAR A NOSA VIDA NUN ABRIR E CERRAR DE OLLOS.
Esto que estamos sufrindo, ninguén o esperaba: un negocio que ía ben pode acabar mal, unha persoa con boa saúde non está libre de encontrarse co coronavirus, un rico pode necesitar dun pobre
-QUE A FAMILIA UNIDA TEN SUMA IMPORTANCIA: os fillos encóntranse seguros no regazo dos pais, os enfermos atopan coidados nos sans, os que están alegres consolan ós tristes, todos se apoian mutuamente.
¡Qué marabilla!
-QUE DÍA DE MOITO, VÍSPERA DE NADA porque non hai moito que non se gaste nin pouco que non baste.
Mellor é gardar algo para cando non hai que estirar o pé máis do que dá a manta.
-QUE DEBEMOS CULTIVAR RECURSOS HUMANOS POR SE AS COUSAS VEÑEN MAL DADAS: valorar as pequenas cousas da vida, conserva-lo humor ante a adversidade, non perde-lo sorriso, ve-la vida con optimismo, conserva-la esperanza, un mundo mellor sempre é posible.
E por encima de todo a FE, que é a arma máis poderosa ante a adversidade.
-QUE A NAI NATUREZA É A NOSA NODRIZA: se a respectamos, dános vida e se a maltratamos dános morte.
Ultimamente estase queixando moito. Non sei por que será
-QUE O PROFESORADO É UN PIAR FUNDAMENTAL NUNHA SOCIEDADE DESENROLADA: debe ser moi querido, moi valorado e moi respectado porque del dependen os científicos, o médicos, os abogados, os enxeñeiros, os notarios, os sacerdotes, os ministros, os reis, o Papa...
Merece ser máis valorado, máis respectado e mellor pagado
-QUE NOS NECESITAMOS MUTUAMENTE: o rico necesita do pobre e o pobre do rico; o empresario do obreiro e o obreiro do empresario, o necesitado do caritativo e o caritativo do necesitado.
Ninguén é máis que ninguén. Todos somos importantes para o bo funcionamento do tecido social.
-QUE O ESTADO É NECESARIO PERO A IGREXA TAMÉN: A función do Estado é prestar uns servizos dirixidos ó benestar material dos cidadáns e a función da Igrexa é prestar axuda espiritual; non menos importante.
Se un estado prescinde da axuda espiritual dos seus cidadáns é porque algo falla.
E se a Igrexa non se solidariza coas necesidades espirituais da sociedade é porque no cumpre a súa misión.
-QUE O BO FACER DOS SANITARIOS SALVA VIDAS: son unha prologación das mans de Deus ó noso servizo.
Empregan as súas vidas prolongando as nosas tanto como é humanamente posible.
Non son os donos da vida, o dono da vida é Deus; pero o seu esforzo merece o noso máximo agradecemento.
-QUE A ANCIANIDADE É UNHA ETAPA DA VIDA TAN IMPORTANTE COMO AS ANTERIORES:
Unha sociedade que cuida dos seus anciáns é unha sociedade que alcanzou un bo nivel de maduración e humanidade.
-QUE A EDUCACIÓN EN VALORES É O DE MÁIS VALOR: algo que non debemos esquecer se queremos un futuro mellor.
UN FUTURO MELLOR
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora