Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ai! Se ampliaran a Raia dende Padrenda...

viernes, 01 de mayo de 2020
É sábado, 25 de abril. Reparo nun caravel de papel que hai anos que teño colocado nunha estantería do escritorio e que me regalaron nun concello de preto da fronteira con motivo dunha actividade arredor da revolución "dos cravos" á que tiven oportunidade de asistir. Ocórreseme, entón, fotografalo e colgar a foto nas redes co seguinte comentario: "25 de abril. Os galegos tamén celebramos!"

Son varias as comunicacións que recibo, sumándose á miña homenaxe, algúns enlaces compartidos e varios "gústame". É dicir, nada do outro mundo.

Evidentemente a imaxe non traspasou o espazo da aldea pequena que todos temos con xente máis ou menos coñecida ou afín, o que quere dicir que non se viralizou, nin moito menos.

Sen embargo, vía whatsapp recibo un comentario dun amigo con ascendencia de terceira ou cuarta xeración portuguesa que me felicita pola foto e ó mesmo tempo fai unha reflexión que me permite iniciar un breve, pero contundente diálogo con el:

- Gústame esa foto e ese rincón.

- É polo caravel. Os galegos tamén o celebramos.

- Celebrámolo e envidiámolos. Polo menos eu. A min estame afectando ver un país tan roto e tan cheo de odio coma o noso. De feito xa me din de baixa en varios grupos de amigos e compañeiros.

- Non temos remedio (respondo eu). Se ampliaran a raia en liña recta dende Padrenda cara o leste, eu facíame portugués mañá mesmo.

- De verdade, estou moi afectado por ver o nivel de radicalidade e de desprezo ó que temos chegado. Ti cres que se pode admitir que alguén chegue a escribir nun grupo do que formamos parte máis de vinte persoas que nos temos por amigos dende hai décadas, que os votantes de esquerdas son colaboradores necesarios dos "asasinos"! Repito, vexo tanto odio, tanta baixeza humana e tanto miserable, que me afunde.

- Benquerido, isto pasou sempre e por desgracia seguirá pasando. A xenreira que sementa a clase política acaba aflorando sempre no seo máis abxecto da sociedade!

A nada que botemos a mirada cara atrás, decatarémonos de multitude de exemplos. Sobre todo neste país vengativo, irresponsable e cainita que é capaz de quedar sen un ollo só para que o rival -que máis ca rival é un inimigo- quede cego.

Portugal, ese país ó que sempre ollamos por enriba do ombreiro, lévanos dando leccións dende hai moito tempo. Pero nestes dous meses leva impartido cátedra colectivo no tocante á xestión do problema, ata o punto de saíren na nosa defensa cando Europa nos puxo en evidencia.

O dito. Ai, se ampliaran a raia dende Padrenda...!
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES