Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Sons de alarma!

domingo, 30 de marzo de 2008
Alarmantes. Actuais e constantes. Aos que xa nos acostumamos e non facemos caso. A pesar das sirenas e luminarias berrando e petando, a cotío, polas rúas e no corazón e portas da nosa apatía, vagancia e inconsciencia. A nosa sociedade (incluída a galega) segue alienada con outros “sons” de estrelas e doutros “euro/festivais”. Todo sucede cando estamos a vivir xa nunha sociedade distinta, claramente plural, tanto étnica como cultural e relixiosamente.

O problema segue a ser a ¡marxinación! Directa e/ou disimulada que se amosa na xenofobia, na violencia e racismo que non queremos admitir. A sociedade galega acaba de se manifestar, unha vez máis. Discrimina. Discriminamos. Abonda con lembrar as situacións e reaccións agresivas ante varios grupos de xitanos de Pontevedra, Santiago e A Coruña. As comunidades veciñais marxinan e os políticos ollan para outro lado á procura de rendas políticas.

Por si este“¡SOS! non fose suficiente, chéganos outro “son de alarma” na traxedia da morte dos dous irmáns discapacitados que (xunto co seu pai) arderon en Aranga (A Coruña). Fai pouco en San Xoán do Campo (Lugo)deuse outro lamentable caso. Dá arrepío e vergoña. É outra labazada máis na faciana desta aloucada sociedade actual que presume de solidaria.

As preguntas sen resposta amoréanse no corazón/mente de todos/as: ¿Teñen algo que dicir (¡e facer!) os que nos enganaron coa prometida (non chega) Lei da Dependencia que podería ter evitado estas e outras mortes? ¿Haberá que seguir esperando máis alarmas!? O noso berro/son segue: ¡Fóra guetos e falsidades:A marxinación é evitable polo camiño da integración plena!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania