Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Libros

lunes, 27 de abril de 2020
Libros Non cabe dúbida que os libros son unha excelente compaña para estes días de confinamento obrigado pois nos levan cara horizontes infindos, a lugares imaxinarios onde pódese vivir a liberdade ao libre albedrío, sen condicionantes. Menos mal que temos imaxinación e a veces funciona.

Estes días de encerro impúxeme a encomenda de ordear a miña biblioteca, tarefa ben complicada pódovos asegurar, pois numerar, rexistrar e colocar de novo os libros nas baldas da estantería éche cousa que require moita paciencia e xa comeza a escasear: un traballo aínda inacabado.

Nesas andaba cando atopei unha colección das obras completas de Julio Verne, deses libros que nalgún momento acompañaron a miña infancia e pre adolescencia cando as amigdalites non me deixaban acudir a clase e baixo os coidados agarimosos da miña nai refuxiábame na lectura na cama ocupando marabillosamente un tempo que lendo pasaba rápido.

Cando collín “Veinte mil leguas de viaje submarino” ( dous tomos) non resistín a tentación de apartalo para botarlle unha melancólica ollada, e así fixen sen poder deixalo ata rematar malia estar con outros tres libros repartidos noutros tantos momentos do meu tempo confinado, e descubrín cousas esquecidas como por exemplo a documentación, ampla e fabulosa, empregada polo autor referida á flora e fauna dos mares do planeta que naquela primeira lectura seguramente pasei por alto e tamén na escala do “Nautilus” do capitán Nemo na ría de Vigo, pensando no ouro e prata que se cría abordo dos barcos protagonistas da famosa batalla de Rande aló polo ano 1702 entre unha flota anglo-holandesa e outra franco-española.

Quizá o capitán Nemo non sabía que o tesouro aquel xa fora descargado e nas naves afundidas ben pouco quedaba xa, pero malia iso quixo entrar co seu fabuloso submariño na fermosa ría de Vigo.

Esta novela, fermosísima fábula de ciencia ficción, douse a coñecer no ano 1869. No ano 1878 viaxando Julio Verne no seu barco “Saint Michele III” recalou en Vigo cando navegaba rumbo ao Mediterráneo por mor de refuxiarse dunha forte tempestade e no 1884 volveu cando facía a mesma singradura co gallo de reparar un problema na caldeira do seu buque permañecendo na cidade olívica tres días. En lembranza daquelas visitas e en agradecemento por mencionar a Vigo na súa famosa novela erixiuse unha escultura de bronce obra do artista José Molares no ano 2005 que representa ao escritor sentado nos tentáculos dun calamar xigante e que se atopa perto aos xardíns de Montero Ríos á beira do Club Náutico.

Todas estas lembranzas e sensacións recupereinas ao atopar na miña biblioteca esta obra paradigma da máis excelsa fabulación, percursora do que logo se definiría estilísticamente como “ciencia ficción”. Pero hai máis: as teño todas ,asi que...
O meu desexo neste tempo de encerro é : ¡QUE UN LIBRO NOS ACOMPAÑE!
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES