Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pescadores con dinamita

lunes, 27 de abril de 2020
Pescadores con dinamita O encerro a causa do coronavirus hai que recoñecer que dá para moito. O venres mesmo, pola noite, tardei en conciliar o sono porque se me deu por pensar naqueles actos retorcidos que adoitamos cometer ou naquela hipocrisía da que somos moi amigos e que me daban perfectamente para este Recuncho. Pero non vou optar por iso porque, ó contalos, volvería a carraxe a aniñar en min e poida que tamén en moitos dos que me lean, pero polo outro bando, ou sexa, por sentirse reflectidos nesa hipocrisía que especificaría aquí. Así é que optei por realizar outras cousas.

Segundo uns fan limpeza ou levan a cabo esas típicas chapuzas que hai que realizar nas casas, a min déuseme por fochicar en recortes de prensa e atoparme, entón, con novas que me chamaron a atención, pola antigüidade e pola veciñanza, ou sexa, Baños de Molgas. E o 11 de setembro de 1930, vai para 90 anos, asomaba nos medios de comunicación galegos unha noticia sobre tres individuos pescando con dinamita no río Arnoia. Foi a garda civil de Xunqueira de Ambía quen os descubriu coa faena.

A benemérita, por suposto, axiña quixo controlar a situación dándolles o alto e, ante a fuxida dos fulanos, disparando incluso uns tiros ó aire para meterlles un chisco de medo. Os paisanos non eran mancos porque, logo de cruzar o río a nado, un deles acubillouse detrás dun valado e intentou resistirse cunha escopeta que levaba consigo. Ó seguir disparando os gardas, ó outro non lle quedou outra que escapar, incluso deixando tras de si os zapatos, un chaleco no que había 12 pesetas e tres cartuchos de escopeta do calibre 12 e un pantalón.

Tres horas máis tarde, dous dos “pescadores” presentáronse voluntariamente ante o xuíz de Baños de Molgas. Un era Delfín Rodríguez Parrias, de 20 anos e veciño de Nocelo. Presentouse cunha escopeta. O outro era Aureliano Díez Fariñas, de 29 anos e tamén de Nocelo. Manifestaron que fuxiran co propósito de evitarlle o desgusto ás familias e que o terceiro chamábase Valentín Rodríguez, irmán de Delfín.

A Valentín non o detiveron -e aquí vén o detalle simpático- por atoparse enfermo na cama a causa do susto e da carreira que emprenderan.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES