A cultura mesturándose
Sampedro, Pilar - domingo, 26 de abril de 2020
Gústame que a cultura interaccione, que se mesture e vaian os allos cos bugallos. Por iso, que o Museo Arqueolóxico de Ourense convocara un concurso de microrrelatos pareceume unha idea xenial. Nese microrrelato tiñan que entrar dúas palabras do seu campo semántico: arqueoloxía e museo. Tamén me gustou que o ditame se dera un día coma o 23 de abril, día do libro.
Este é o relato gañador. Unha moi boa opción:
Pedras
Era un matrimonio razoablemente feliz, cecais por teren personalidades complementarias. Paco era da tipoloxía noble-bruto, expansivo, de fútbol, barbacoas e rocanrol. Ánxela, máis reservada, tiña as súas querencias na órbita de todo aquilo que se adoita englobar no epígrafe «cultura»: libros, historia, arte, arqueoloxía...
Un día baixaban pola Praza Maior e a muller lamentouse; non entendía como por cousa de obras ou de decisións político-administrativas podía levar tantos anos pechado o Museo. Paco respostou displicentemente:
Bah!, pedras... Ela, medio en broma, medio en serio, afastouno de si cun
empurrón.
No sucesivo, a escena repetiuse ata se converter nunha máis das súas chiscadelas privadas.
E chegou o día do cólico nefrítico. A dor eran tal que os ouveos de Paco resoaban por riba da sirena da ambulancia na que ía. Xa sedado, barballaba na cama hospitalaria o calvario provocado polos malditos cálculos renais. Ánxela, acariñandolle con tenrura o dorso da man, limitouse a dicir:
Bah!, pedras...
Manolo Martí Figueiras
Tiven acceso a outrosdous microrrelatos, estes de calidade limitada, que me gustaría colocar como contributo a esta iniciativa.
Cabe a arqueoloxía nun museo?
-Un castro, un dolmen, unha rocha con petroglifos
convertidos en bonsais para poder meter nun edificio, cando debían estar ao aire libre, respirando, deixándose lavar pola chuvia -afirmaba o visitante ao amigo que o acompañaba.
-Si, debíamos entrar nós neles, písalos.
-Porque a natureza é un libro e nas súaspáxinas está todo: os restos arqueolóxicos, as catedrais, as fragas e os vales. Tamén iso o levarán aos museos? Ou ás bibliotecas? Hai que deixar as cousas que sexan, que estean como están.
-Si, home, si. Tes razón. Empeñámonos nunhas cousas...
Achegouse o garda, que tamén quixo sentenciar:
-Oín dicir que nos tempos dos contos houbo un poderoso que se empeñou en facer un mapa a escala 1/1 para coñecer o seu territorio.
-Hai cada cousa
De verdade, eh, de verdade que non temos remedio.
Obxecto do pasado
Saíu do castro e baixou á praia. Recollía mexillóns nos baixíos da marea aproveitando o bo tempo. Abstraeuse no traballo e pensando no que contaran a noite pasada acerca dun exército que se viña aproximando. Homes de lonxe, con armas mellores que as que os tiñan os seus; dispostos a conquistalos. Guerreiros que odiaban as curvas e construían dereitodereito. Daba medo pensalo pero se xa se foran facendo coa Illa do Mar, co castro de Nadelas
así que estaban condenados.
Cando se ergueu non recoñeceu o seu mundo. Estaba raro, como se lle cortaran a cabeza ás casas; xente vestida de forma estraña andaba a mirar os restos; ao lonxe víanse construcións que non pertencían ao que ela coñecía.
Escoitou a alguén que dicía: -Mira, ela tamén semella unha peza de arqueoloxía, digna de levar para o museo. Sentiu que se facíapequena, cada vez máis, ata que a colleron nunha man para observala mellor.

Sampedro, Pilar
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora