Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Confinado na aldea

viernes, 24 de abril de 2020
De estudante, en Vilalba, sorprendeume saber que Frei Antonio de Guevara, bispo de Mondoñedo a mediados do XVI, escribira un “Menosprecio de la corte y alabanza de la aldea”. Especial sorpresa porque corrían os anos sesenta, nos que a vida en cidades e pobos se valoraba especialmente e a das aldeas menospreciábase como se non tivesen máis futuro ca a emigración, como así sucedeu.

Confinado no rural, teño que darlle a razón cinco séculos despois ao frade-bispo da diócese á que aquí pertenzo, porque a mesma aldea favorece o aillamento, sen as limitacións doutrora para unha existencia tan vital coma na cidade.

Ao lado da casa, pasa ás once e media da mañán o panadeiro, que avisa con pitadas repetidas da súa presencia. O conductor -mascarilla e guantes- presta un impecable servizo, o mesmo que outro par de panaderías que percorren as parroquias de Begonte. Unha distribuidora vilalbesa, martes e venres pasa á beira da casa e, sabendo que a agardamos, a conductora abre o portón traseiro do seu furgón e aparece un supermercado en pequeno onde leva prácticamente de todo: froitas, verduras, conservas, pan, patacas...

As vías de comunicacións son impecables, as posibilidades de exercizo físico excelentes…Só a cobertura telefónica é problemática, e Internet vai a empuxóns. Pero nada hai perfecto. Aquí levo máis dun mes…e se xa era un convencido das bondades do rural, a vivencia deste peche interminable faime dar a razón ao bispo mindoniense que no 1539 avogaba pola vida rural, preludiando a Frei Luis de León e a “descansada vida” do que foxe do mundanal ruído. Tiñan, teñen, moitísima razón.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES