Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A poesía de Avelino Díaz en Debezos (3): Tríptico de Galicia

viernes, 01 de mayo de 2020
Tríptico de Galicia (1). Está composto por tres poemas: "Antonte", "Onte" e "Hoxe".

A poesía de Avelino Díaz en Debezos (3): Tríptico de Galicia"Antonte".- É un poema que segue a forma estrófica dun soneto con versos hendecasílabos e con rima ABBA ABBA nos cuartetos, e CDC EFF nos tercetos. Galicia é comparada cunha princesa namorada e sen ventura, como se fose un conto, na que os ogros a tiñan coutada, coas mans atadas, mais Deus, condoéndose de vela encadeada, deulle un fato de precursores...

"que, nobres espallaron as ideas
de crebarche ferrollos e cadeas"


Efectivamente, como Precursores de 1808 a 1840 atopamos na primeira etapa a Xosé Fernández Neira con obras como Proezas de Galicia ou a Antonio Benito Fandiño cunha obra de teatro coñecida como A casamenteira, entre outras. Na segunda etapa, que vai desde 1840 ata 1863, hai escritores moito máis recoñecidos como poden ser: Xoán Manuel Pintos, Francisco Añón, Rosalía de Castro ou Eduardo Pondal.(2) Nós consideramos que Rosalía e Pondal, xa non podemos tratalos como Precursores.

"Onte".- Tamén concibido como soneto hendecasílabo, pero cunha rima diferente ao primeiro, neste caso ABBA ABBA nos cuartetos, cuxa rima é igual a do poema Antonte, mais os tercetos son diferentes: CDC CDE. Se no poema Antonte era o inicio da posta a andar de Galica polos Precursores, neste sae a "conquerir a libertade".

"Dixeche, frente ó mundo tua verdade,
levache tua razón camiño adiante
i-ollaron as nacións aquel xigante
rexurdir da tua vella dinidade".


E a dicirlle ao mundo a súa verdade, onde, desta maneira, fican os dereitos consagrados e acércanos á idea da emigración. Sería este poema como a posta de largo de Galicia, a consolidación das ideas dos iniciadores do proceso.

"e, de ti, (Galicia) recolleron outros pobos
exempro que seguir, i-anceios novos"
.

"Hoxe".- Volvemos a ter outro soneto, tamén endecasílabo, onde os cuartetos seguen a mesma rima: ABBA ABBA como se nos quixese indicar que os cuartetos fosen Galicia e os tercetos o cambio que se vai varificando nela, porque neste caso, tamén son distintos en canto á rima: CCD EED.

Para rematar este tríptico, observamos como recolle a través dunha técnica diseminativo-recolleitiva a situación de antonte, onte e hoxe.

"antonte coa delor por compañeira,
onte, fror arumosa na roseira,
hoxe, mártir, d-espiñas coroada".

A poesía de Avelino Díaz en Debezos (3): Tríptico de GaliciaFacéndose murmurio e resón da "Galicia mártir" de Castelao en 1937 por ser o título do primeiro dos tres álbums de guerra que publicou Castelao. Está dedicado "aos galegos que andan pol-o mundo" e o propio Castelao explica así a razón de ser do álbum: "estas estampas arrincadas da miña propia door, van dirixidas a vós que sempre amáchedes a liberdade e sodes a única reserva que nos queda por reconstruír, o fogar desfeito".(3)

Remata o poema, despois de falar dunha Galicia escrava, mártir, ferida, isolada e da que os lobicáns comeron a semente, pero virá un mañá que será consolo e traguerán "os fillos que che quedan polo mundo", en referencia clara á emigración brutal que sofre Galicia.

A relación con Castelao e importante, e a súa admiración, moi profunda, obsérvese como Avelino en Buenos Aires en 1975 se publica post mortem Once poemas a Castelao.(4)

NOTAS:
1. Ibidem. Páxs: 11-13
2. Wikipedia .- Precursores
3. Wikipedia.- Castelao
4. FREIRE FREIRE, Marivel.- Avelino Díaz. Opera Cit. Páx. 51xa non podemos tratalos
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES