Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rosa diosa do alén

jueves, 23 de abril de 2020
“PASAN ANXOS DE NEVE E FIGURAS DE LUZ POR ENRIBA DOS SOÑOS E NÓS ESTAMOS CEGOS…” (Luz Pozo Garza)

Apágouse a LUZ, Doña LUZ, e os anxos quedaron orfos de mai, amigo García. E nós nas tebras deste tempo de medianías, perdidos nistas leiras ermas na procura do son das súas palabras. Nos cristais do Sanatorio de Pimental, en Lugo, dos que fala Rodríguez Fer, choven bagoas de amor de moita xente.

Marrocos enguedellou á Nena de ollos ledos para ser entón anduriña de Bécquer. Xa hai niño enfrente do Teatro. Xa o Landro sonrí e só unha gueivota sabe o porqué. E nas rúas hule a flor de limoeiro. Son milagres de Deus para labra-la esperanza. E o pobo canta: “Gloría A ti, victima pura, vencedora de la muerte, donde Jesús se convierte en pan de la humanidad “. As súas razóns haberá. A súa Cruz xa non está núa, e trócase en Piedade de irmau asesinado. Hai outras cruces que viven no silenzo. Son noites de invernía de música e estudo e amores furtivos. O mundo sempre estivo tolo e quixo vivir do revés.

Eran tempos de bestas e machotes. De paus e feridas. Chovía moito e chovían tantas bagoas que compría unha samaritana para poñer ás as verbas e, remando polo ar, cal Prometeo, mergullarse en soños de mil cores. E no seu berce de Ribadeo o bonachón e falangueiro Dionisio rimaría versos para ista Muller que sabía patinar entre nenos e flores. E as humilde lavandeiras gozarían do seu sorriso ledo e corazón tenro.

Mais o corpo camiñou por outros vieros nunca alleos á dolor e ós clavos da mestra Rosalía. E amba-la dúas, coma Nai e Filla, camiñaron entre as rochas e silveiras, enchendo as súas ánforas, para preñar os seus versos de flores.

Agora, ceibes e soltas das cadeas das miserias humanas, que tanto dolor producimos os seres humanos, aló no Parnaso, no Xardín das verbas, agora que a luz ve máis que os ollos, agora que ninguén require o voso esforzo, agora que camiñades polo Alén sen rumbo, agora que navegades, por fin, felices…Gracias vos hei de dar por poñer cor a verba, dor na falsedade, agarimo na casa do pobre, ilusión no vencido, bicos no ar, cereixas nas árbores, sireas no mar, música no amor… E, gracias sempre polo voso exemplo.

Bicos eternos e de buxo, que diría o Mero.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES