Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Si a Cáritas, non a Trece TV e a súa ideoloxía

miércoles, 22 de abril de 2020
Luís Rodriguez Patiño, en calidade de sacerdote da Igrexa Cstólica manifesto: Si a Cáritas e ao seu labor, non a Trece Tv e á súa ideoloxía.

Desde este medio denuncieino en reiteradas ocasións: ao reencher a casilla destinada á Igrexa Católica na declaración da Renda (IRPF), en realidade parte deste diñeiro vai destinado a pagar canles de televisión como 13 TV, un medio que difunde opinións de dereita e extrema dereita.

Concretamente, a Conferencia Episcopal destina 20 millóns a esta canle, e obteno do que recibe polo diñeiro público recaudado no imposto da declaración da renda das persoas físicas. O ano pasado recibiron 268 millóns neste concepto.

Hoxe o Tribunal de Contas afirmou a través dun informe que os fondos destinados a unha empresa privada non están en liña coa lexislación europea na materia. Os bispos españois estarían vulnerando as leis europeas: onde se prohibe taxativamente utilizar fondos ou axudas estatais para empresas privadas, como é o caso de 13 Tv.

A cifra que aporta á súa televisión -criticada ata por sectores da Igrexa de base pola súa identificación política coa dereita política-, con apenas un 2% de audiencia, é moi alta sobre todo si compárase coa "Achega extraordinaria Cáritas diocesanas", unha cantidade que os bispos comezaron a aportar á ONG da Igrexa en 2010, con motivo da crise, e que o ano pasado ascendeu a 6,2 millóns, a metade do que destinan a Trece Tv, unha cadea deficitaria e que, desde o seu nacemento, acumula prácticamente dez millóns de euros de débeda anual.

SI A CÁRITAS, NON A UN MEDIO QUE SE IDENTIFICA CUNHA IDEOLOXÍA, NESTE CASO DE DEREITAS, E NON CO EVANXELIO.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES