Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Virus

miércoles, 22 de abril de 2020
Virus Evidentemente están de moda aínda que conviña manifestar que están connosco desde que a vida apareceu no noso planeta. E recorro a dicir que están de moda porque nestes momentos estamos a vivir o maior envite viral en moitísimo tempo, tanto que, ningún de nós recorda nada parecido desde a derradeira pandemia acontecida no ano 1918. Certamente é o monotema do momento.

Somos proclives a humanizar ao virus, a este covid-19 concretamente, a dotalos de vida propia ata o punto de que moita xente refírese a el como “o becho”, coma se dun mosquito se tratase ou doutro especímen con vida propia. Coloquialmente pode servir pero se entendemos como ser vivo aquel que pode relacionarse co medio, nutrirse e reproducirse entón pódese concluír que o virus non é un ser vivo e o trato á hora de actuar sobre el ten que ser diferente a como o faríamos diante dotra estructura con vida.

O virus necesita dunha célula anfitriona para multiplicarse e non o pode facer de maneira autónoma. A célula é a estructura básica da vida e xa que logo se desapareceran, nos tamén e por suposto os virus.

Estamos pelexando pois cunha partícula de ácidos nucleicos extremadamente minúscula, unha milésima parte do grosor dun pelo e que replicándose dentro do noso organsmo pode chegar a millóns de partículas. Senon houbera un ser vivo que parasitar os virus non existirian pero éche o que hai e temos que acostumarmos e afacerse con eles.

Malia todo isto non podemos caer no pánico: teñamos en conta que nunca se deron no mundo as condicións que se dan arestora para poñer freo a unha pandemia como esta e que científicos de todo o planeta están a traballar para poñer en circulación unha vacina ou antes algún antiviral que mitigue os efectos desta plaga tan dolorosa. Namentres esto non acontece ( non son estas cousas ditas e feitas) temos que ser responsables e obedecer as normas de conducta social que recomenda a comunidade científica do noso país por moi engorrosas que estas sexan. Estar pechado na casa, levar mascariña e lubas, manter a distancia interpersonal de seguridade, non é algo que apeteza especialmente pero é unha maneira de que non sexamos transportistas que leven o virus dun lado para outro.

Trátase isto dun problema mundial e non só dun país. As cifras de afectados e de baixas son demoledoras e vistas así, a bote pronto, asustan pero reitero son propias dunha pandemia coma esta e xa estáse chegando ao decrecemento, lento pero paulatino, que nos levará á desexada normalidade.

Así que paciencia, moita paciencia e fuxamos de sinalar co dedo acusador, de imputar neglixencia ás autoridades sanitarias e científicas. Tede a seguridade de que fora a que fose a cor política do goberno estaríamos en semellante situación diante de algo descoñecido ao que xamáis nos enfrontamos.

Desasosega observar como unha oposición insolidaria comeza a poñer os mortos sobre a mesa para tratar de socavar a credibilidade das autoridades na xestión desta tremenda crises sanitaria e social. Deberan pensar na sorte que teñen de que non lles tocase a eles esta encomenda. Algúns aínda non entenderon que, dadas estas circunstancias , remar todos no mesmo sentido fai que o bote chegue antes a porto.

Malia o dura que resulta a situación e a algúns irresponsables e carroñeiros, saíremos deste tráxico labirinto. Abofé.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES