Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A miña amiga Mari

martes, 21 de abril de 2020
Para min, aquella nena, de nome Mari, era una boneca vivinte. Todo nela refulxía. A súa faciana anxelical, o seu peiteado de loiros tirabuzóns, que lle deixaban a frente despexada, a súa roupa recén pranchada, os seus zapatos brilantes. Semellaba un anxo, unha estampa que contrastaba coa fealdade do mundo escuro que nos tocara vivir.

Porque éramos nenas da postguerra no ferido Lugo de aquela época. Cando a coñecín ela vivía na Ronda dos Caídos, case pegada á Muralla, parede con parede con outras compañeiras de xogos e paseos. Eu vivía nunha rúa paralela, moi preto, e acostumábamos a xuntarnos cando as tarefas da escola nos deixaban. s veces eu facía aposta que se rise para que amosara un buratiño moi gracioso que asomaba cando o facía. E dese xeito ríame eu tamén. Pero a miudo atopábase triste, sen que eu soupera moi ben por qué.

Unha nubrada tarde na que non tiñamos gañas de xogar sentámonos nas escaleiras da miña casa e fixémomos confidencias. Foi entón cando me contou a máis triste das súas aínda poucas vivencias. Cando espertou xunto a súa nai, coa que durmía, e comprobou que ésta xa non espertaría nunca máis. Choramos xuntas con aquela terrible lembranza, mollando as noxas blusiñas.

Os anos pasaron e a vida foi apartando os nosos camiños, reclamadas polos estudios, polo traballo e polo amor. A lonxanía fíxonos perder o contacto. Lei de vida. Pero fai un tempo soupen da súa morte e tiven unha fonda sensación de perda, pese os moitos anos transcorridos. Unha proba de que as pegadas profundas no corazón non rematan nunca de borrarse. Seguen ahí e viven, aínda que desapercibidas, ata que algo ou alguén fainas espertar. Neste caso, con dor, con añoranza e con melancolía.
Seijas, Otilia
Seijas, Otilia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES